Discoverer Enterprise | |
---|---|
Discoverer Enterprise o 26 de maio de 2010, no accidente da plafatorma Deepwater Horizon. | |
Historial | |
Estaleiro | ASTANO |
Clase | Discoverer |
Tipo | FPSO |
Operador | Transocean Triton Asset Leasing GmbH (armador) |
Porto de rexistro | Illas Marshall, Majuro |
Botado | 12 de decembro de 1997 |
Asignado | 6 de agosto de 1998 |
Viaxe inaugural | Ferrol-Houston |
Destino | Golfo de México |
Características xerais | |
Desprazamento | 69.500 DWT 63.190 GRT |
Eslora | 254,40 m |
Manga | 38,00 m |
Puntal | 19,00 m |
Calado | 13 m |
Propulsión | 6 x AC Aquamaster 7000cv thrusters |
Potencia | 6 x Cegelec 5500kw, 1260vac |
Velocidade | 10 nós |
Tripulación | >200 |
Capacidade | Lama líquida: 2.447 m³ (86.400 cu ft) Auga para perforación: 2.177 m³ (76.900 cu ft) Auga potable: 794 m³ (28.000 cu ft) Fuel Oil: 3.972 m³ (140.300 cu ft) Lama Bulk: 453 m³ (16.000 cu ft) Cemento Bulk: 453 m³ (16.000 cu ft) |
Aeronaves | Helicóptero Sikorsky S-61 ou Chinook 234 |
Sinal de chamada: V7HD2 DNV ID: 19643 Número OMI: 9186792 Número MMSI: 538002215 |
A Discoverer Enterprise é unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol. Foi botada o 12 de decembro de 1997 e entregada o 6 de agosto de 1998. Na data da súa botadura era a maior plataforma petrolífera do mundo[1].
O Discoverer Enterprise foi o primeiro dunha serie de tres construídos en Astano:
Na noite do 13 de xaneiro de 1998 a Discoverer Enterprise estaba atracada no peirao nº 10 de ASTANO, no concello de Fene, estando a traballar a quenda de noite. Durante a madrugada, o temporal rachou coas estachas que a mantiñan amarrada ó peirao do estaleiro, logo de padecer ventos que acadan os 140 km/h. Aínda non ben pasara un cuarto de hora, cando a plataforma bateu lateralmente coa ponte das Pías, destruíndo uns 100 m do taboleiro, varios piares e a traída de augas dos concellos de Ares, Fene e Mugardos e sen producirse danos persoais. Na tarde dese mesmo día, aproveitando a preamar, retirouse coa axuda de varios remolcadores.
Os efectos do accidente supuxeron que, durante os seis meses seguintes, colapsase a antiga vía de entrada a Ferrol, atravesando os concellos de Neda e Narón, cun percorrido superior ós oito quilómetros, chegando as retencións ata Pontedeume nalgunha ocasión. A reconstrución da ponte foi inmediata e o acceso restableceuse oficialmente o 10 de marzo, agora con catro carriles en lugar dos dous que tiña orixinalmente.