Dismaland | |
---|---|
Tipo | exhibición de arte |
En | Weston-super-Mare |
País | Reino Unido |
51°20′27″N 2°58′58″O / 51.3409, -2.9828 | |
Na rede | |
http://www.dismaland.co.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dismaland foi un proxecto artístico temporal organizado polo artista da rúa Banksy, construído na vila resort de Weston-super-Mare en Somerset, Inglaterra, aberto durante varias semanas ao final do verán e principio do outono de 2015.[1]
Preparado en segredo, a exhibición temporal do "Tropicana", unha piscina pública sen uso, foi unha "versión sinistra de Disneyland" que abriu durante a fin de semana do 21 de agosto de 2015[2] e pechou permanentemente o 27 de setembro de 2015, 36 días despois. Banksy describiuno como un "parque temático non apto para nenos."[3]
Na construción do parque participaron até 58 artistas de 27 países diferentes convidados persoalmente polo autor.[4] Pódense atopar obras inéditas de artistas como Damien Hirst, Jenny Holzer, Mike Ross, Ben Long, Dietrich Wegner e Jimmy Cauty.
O nome elixido para o parque xoga coa verba inglesa Dismal que quere dicir deprimente; e pretende ser unha sátira irónica de Disneyland, cousa que pon de manifesto no seu logo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dismaland |