Divine Styler

Modelo:BiografíaDivine Styler
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDivine Styler Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrapeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoHip hop alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webdivine-styler.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: divinestylerofficial Twitter: Divinestyler1 MySpace: therealdivinestyler Bandcamp: divinestyler Last fm: Divine+Styler Musicbrainz: 09374630-23d6-4852-b2be-e2e711afbbfd Songkick: 117955 Discogs: 8585 Allmusic: mn0000178513 Editar o valor en Wikidata

Mikal Safiyullah , nado en Brooklyn, Nova York no ano 1968, é un rapeiro alternativo e de culto americano de temáticas islamistas e afrocentristas que traballa baixo o nome artístico de Divine Styler.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de DJ Rick, DJ de Brooklyn asíduo do Studio 54 e do club Zanzibar. Foi invitado no ano 1989 a presentar cancións do seu primeiro LP Word Power ao tamén rapeiro Ice-T, quen, trala proba, engadiu a Divine Styler á súa crew de MC's Rhyme Syndicate. No ano 1992 tras ser desprazado de Rhyme Syndicate á discográfica Giant Records, en contra da súa vontade, preparou como resposta o disco esotérico Spiral Walls Containing Autumns of Light con inspiracións no speed metal, Jimi Hendrix e o filme Dune.

Durante unha paréntese de catro anos entrou en contacto con James Lavelle, o fundador con sede en Londres do influente selo de trip-hop Mo' Wax. Inspirado para comezar a gravar de novo, Divine Styler creou Word Power 2: Directrix. Lanzado en 1998, o proxecto cambiou nunha dirección máis escura e distópica, cunha gran influencia de Blade Runner e literatura da paranoia sobre a Era da información. Divine Styler caracteriza o álbum como "a miña primeira viaxe de ciencia ficción".[1]

Divine Styler é un converso ao Islam, cando abandonou o seu nome de bautizo Mark Richardson; estivo influenciado pola decisión do tamén rapeiro neoiorquino Everlast de facerse musulmán no ano 1996. Moitas das cancións de Spiral Walls Containing Autums of Light son cancións de eloxio a Allah, e a canción de 1999 "Make it Plain" (gravada para o recompilatorio Funky Precedent) detalla a alegría que sente por atopar finalmente un modo de vida que lle encanta, despois de décadas de incerteza e desgrazas.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Word Power (1989, Rhyme $yndicate)
  • Spiral Walls Containing Autumns of Light (1992, Giant)
  • Word Power, Vol. 2: Directrix (1999, DTX Recordings)
  • Def Mask (2014, Gamma Proforma)
  1. "The Sci-Fi Spiritual Journey of Rapper Divine Styler". bandcamp.com. Consultado o 19-10-2024. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]