Dogrib

Os dogrib, thlingchadinne ou Tli Cho (Tłįchǫ) son unha tribo amerindia (falante da lingua dogrib pertencente ás linguas na-dené) cuxo nome significaba "xente descendente do can", xa que, segundo unha lenda súa, eran descendentes dun mítico home-can. Por esta razón os británicos chamáronos dog-ribs, "costelas de can".

Localización

[editar | editar a fonte]

Vivían na tundra nas ribeiras dos lagos Gran Lago do Oso e Gran Lago do Escravo, nos Territorios do Noroeste, no Canadá.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 1856 eran 927 individuos, e en 1906 aumentaron a 1.150. En 1970 eran un 1.200 habitantes. En cambio, no 1990 eran 2.500. Segundo o censo canadense de 2001, había 3.548 indios dogrib nos Territorios do Noroeste, repartidos nas reservas Dog Rib (2.526 habitantes), Dechi Laot’i (156 habitantes), Gameti (313 habitantes) e Wha Ti (553 habitantes).

Cazaban caribús con lanzas e trampas, e tamén pescaban. Vivían en tipis cubertos de peles, e durante os duros invernos da rexión habitaban en casas de madeira cubertas de cortiza. A súa organización social era moi independente. Dividíanse en numerosas bandas nilladas con territorio de caza propio, como a maioría dos seus veciños. A mulles desfrutaba dun status social mellor que noutras tribos da zona, pero os anciáns e os enfermos a miúdo eran abandonados ou ben castigados a morrer sós.

Curtían peles de caribú, animal do cal aproveitaban todo. Empregaban os ouriños para eliminar o exceso de graxa na pel, técnica copiada polos chipewyan. As mulleres vestían unha pel afumada de caribú cosida cos tendóns, e decorada con cintos de plumas. Tamén facían medias, con forma tubular. Pola súa parte, os homes levaban un abrigo con capucha, influídos polos cree e polos inuit.

Tradicionalmente foron inimigos dos cree, dos chipewyan e dos yellowknife. Foron visitados por Dobbs en 1744 e La Potherie en 1753. Non comerciaron cos franceses por odia aos cree. En 1933, Elizabeth Mackenzie e Mary Siemens iniciaron a tradución do Evanxeo á súa lingua, influídos por Louis Ayah, predicador hare. O membro máis destacado da tribo foi o escritor Richard van Camp.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]