Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1941 Sannicandro di Bari, Italia (pt) |
Morte | 28 de xuño de 2018 (76 anos) Ancona, Italia |
Causa da morte | cancro do esófago |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–2018) Reino de Italia (1941–1946) |
Educación | Universidade de Urbino (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Urbino |
Ocupación | filósofo , historiador , profesor universitario , escritor , tradutor |
Empregador | Universidade de Urbino (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Domenico Losurdo, nado en Sannicandro di Bari en 1941, é un filósofo, historiador e politicólogo marxista italiano.
Doutor en Filosofía pola Universidade de Urbino, é decano da Facultade de Educación da mesma universidade. É autor de numerosos ensaios, nos que ten criticado o concepto de totalitarismo, procurándolle unhas orixes na teoloxía cristiá. Ademais, asegura que a xénese do fascismo e do nazismo sitúase nas políticas imperialistas e colonialistas de Occidente, que foron as responsables das primeiras actividades xenocidas e de control político.
O seu principal ámbito de investigación refírese á reconstrución da historia da filosofía política clásica alemá, imprimíndolle un cariz marcadamente crítico e con especial énfase en Hegel, Kant, Nietzsche e Heidegger.
As súas dúas úlitmas obras representan unha nova óptica no abordamento de dúas figuras clave do século XX. En Stalin. Storia e critica de una leggenda nera, reconsidera a figura de Stalin dende unha aproximación profundamente reflexiva, distanciándose das biografías demonizadoras do líder soviético[1]. Pola súa banda, en La non-violenza. Una storia fuori dal mito, tamén se afasta das posicións, neste caso laudatorias, que a maioría das biografías toman na análise do líder indio Gandhi[2].