Dorothy Gale é unha personaxe ficticia, protagonista na maioría dos Libros de Oz, escritos polo autor estadounidense L. Frank Baum. Dorothy aparece por vez primeira no clásico infantil de Baum O mago de Oz e reaparece en moitas outras secuencias. Tamén é a protagonista no clásico filme de 1939, unha adaptación do libro.
Dorothy Gale e o seu cadeliño Totó foron levados por un tornado dende a granxa dos tíos, en Kansas, e acabaron na imaxinaria Terra de Oz. Dorothy, despois de vivir varias aventuras na compaña do León Covarde, do Home de Folladelata e do Espantallo, finalmente encontrou o feiticeiro de Oz, que os axudou a arranxar os seus problemas. O mago de Oz foi escrito por L. Frank Baum (1856-1919) en 1900. Na maioría dos libros de Oz, Dorothy é a heroína principal das historias.
Dorothy aparece xunto ao seu trío de amigos e incluso coa líder de Oz, a Princesa Ozma. O apelido de Dorothy, Gale (que significa 'tempestade'), é por vez primeira mencionado no libro Ozma of Oz.
Dorothy está presente en catorce libros sobre Oz escritos por L. Frank Baum e tamén é un personaxe que frecuentemente aparece nos dezanove libros sobre Oz escritos por Ruth Plumly Thompson. Moitos outros libros sobre Oz que tamén inclúen a Dorothy Gale foron escritos, até os día de hoxe.
En 1910 L. Frank Baum adaptou o seu libro The Wonderful Wizard of Oz nun filme, sendo o primeiro a mostrar o personaxe de Dorothy Gale, interpretada pola actriz Bebe Daniels. En 1914 L. Frank Baum adaptou o seu libro The Patchwork Girl of Oz nun filme dirixido por J. Farrell MacDonald. Dorothy foi representada no filme pola actriz Mildred Harris, que tiña apenas trece anos de idade.
Levado á estrea en 1939, nos primordios do cinema a cor, o filme The Wizard of Oz iníciase en branco e negro, a partir da chegada de Dorothy a Oz, as cores xorden. No filme de 2013 ‘’Oz: The Great and Powerful’’, repítese o mesmo efecto.
A adaptación comete algunhas "alteracións" a respecto do libro, por exemplo a dos zapatiños prateados que Dorothy usa en Oz, que no filme son os característicos zapatiños vermellos. No libro o home de Folladelata era un leñador transformado por bruxa que acabara perdendo todos os membros en accidentes de traballo - sendo cada parte do corpo entón substituída por outra feita de lata.
Dorothy é interpretada por Judy Garland. Shirley Temple chegou a ser escollida para facer o papel, mais a gran popularidade de Garland, así como a súa semellanza coa nena debuxada polo ilustrador William Wallace Denslow fixeron que esta fose a escollida. Judy Garland recibiu un Óscar especial por este traballo.
No libro orixinal, Dorothy Gale era unha rapariga mestiza cos cabelos roibos e un vestido vermello, mais co filme O mago de Oz coa interpretación de Judy Garland, Dorothy ficou máis coñecida como unha preadolescente branca cos cabelos castaño escuro.