ESSM Le Portel | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale |
Liga | Pro A |
Alcume | ESSM |
Fundación | 1931 |
Cores | Verde, gris, branco |
Presidente | Yann Rivoal |
Adestrador | Éric Girard |
Localización | |
Cidade | Le Portel, Francia |
Pavillón | Le Chaudron |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 28 de novembro de 2015 |
essm-basket.fr |
O Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale, xeralmente abreviado ESSM ou Le Portel, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Portel, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. O seu pavillón é Le Chaudron, recinto con capacidade para 3 500 espectadores.
A sociedade deportiva Étoile Sportive Saint-Michel foi fundada no ano 1928, sendo o baloncesto unha das súas seccións. Durante a maior parte da súa historia competiu en categorías inferiores do baloncesto francés. Na temporada 2006−07 o equipo finaliza na segunda posición da Nationale 1, o que lle serve para ascender á LNB Pro B, segunda categoría profesional gala. Na temporada 2014−15 o ESSM consegue chegar á final da Copa de Francia tras vencer a equipos de Pro A como Le Mans, Le Havre, ASVEL Lyon-Villeurbanne e Limoges CSP, actuais campións. Na final, porén, perden por 74−87 ante o SIG Strasbourg. Na temporada 2015−16, o Le Portel consegue un fito ao ascender por vez primeira á Pro A.[1] Na súa primeira temporada na máxima categoría o equipo consegue xogar os play-offs polo título tras finalizar sétimos en liga regular. Porén, nas eliminatorias perden en primeira rolda ante o Élan Chalon, equipo que posteriormente gaña a competición. Isto serve para que na temporada 2017–18 o equipo debute en competicións europeas, xogando a FIBA Europe Cup, na que chegan até cuartos de final, onde perden ante os Bakken Bears dinamarqueses.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V-D | Copa | Competicións europeas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013–14 | 2 | Pro B | 5º | Rolda de 32 | ||||||
2014–15 | 2 | Pro B | 9º | Subcampión | ||||||
2015–16 | 2 | Pro B | 2º | Rolda de 32 | ||||||
2016–17 | 1 | Pro A | 8º | Cuartos de final | ||||||
2017–18 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 16 | 4 FIBA Europe Cup | CF | 14–1–3 | |||
2018–19 | 1 | Pro A | 16º | 10–24
|
Rolda de 16 | |||||
2019–20 | 1 | Pro A | 18º | 4–20
|
Rolda de 32 | |||||
2020–21 | 1 | Pro A | 13º | 13–21
|
Rolda de 16 | |||||
2021–22 | 1 | Pro A | 14º | 13–21
|
Rolda de 32 |
Os seguintes son algúns dos pavillóns que ten utilizado o ESSM LE Portel como local: