Economía de Barbados | |
---|---|
Moeda | Dólar de Barbados |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Caricom |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 7 091 millóns (2012) |
Posición do PIB | 159ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 0,7% (2012) |
PIB per cápita | $ 25 500 (2012) |
PIB por sector | agricultura 3,1%, industria 13,6%, comercio e servizos 83,3% (2012) |
Inflación | 6,1% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 145.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 10%, industria 15%, comercio e servizos 75% (1996) |
Desemprego | 11,2% (2012) |
Industrias | turismo, azucre, industria leve, montaxe de compoñentes para exportación |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 491,1 millóns (2012) |
Produtos de exportación | manufacturas, azucre e melaza, ron, outros alimentos e bebidas, produtos químicos, compoñentes eléctricos |
Principais mercados | Trinidad e Tobago 18,9%, Francia 10,7%, Estados Unidos 9,7%, Santa Lucía 8,8%, San Vicente e as Granadinas 5,4%, Venezuela 4,9%, Antiga e Barbuda 4,5%, San Cristobo e Nevis 4,2% (2011) |
Importacións | 1 633 millóns (2012) |
Principais produtos importados | bens de consumo, máquinas, alimentos, materiais de construción, produtos químicos, combustibles, compoñentes eléctricos |
Principais mercados | Rusia 26,6%, Trinidad e Tobago 24,8%, Estados Unidos 18,6%, República Popular da China 6,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 4,49 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Barbados é o país máis rico e desenvolvido do Caribe oriental e ten unha das rendas per cápita máis altas de Américas.[1] A súa economía tradicional baseábase na produción de azucre, principal materia de exportación. Coa explosión do turismo, produciuse unha reorientación da actividade. Agora mantén un sistema moi dependente de Estados Unidos e Europa que son os lugares de procedencia da maioría dos turistas, o que debilita a súa economía nos períodos de contención nos países de orixe. A economía creceu dende o 2003, impulsada por aumentos en proxectos de construción e ingresos de turismo, pero este último sector tivo unha caída nos ingresos en 2009 coa recesión económica global[1].
Na actualidade o país diversificou parcialmente a súa economía con algo de industria lixeira. É así mesmo sede de importantes empresas, sobre todo financeiras, dado o alto nivel de protección do segredo bancario que ofrece e os baixos impostos que soportan. Pola comunidade internacional é considerado un paraíso fiscal.