Economía de Djibuti | |
---|---|
Moeda | Franco de Djibuti |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 2 099 millóns (2010) |
Posición do PIB | 183ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 4,8% (2010) |
PIB per cápita | $ 2.800 (2010) |
PIB por sector | agricultura 3,2%, industria 14,9%, comercio e servizos 81,9% (2006) |
Inflación | 6% (2009) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 351.700 (2007) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | 59% (2007) |
Industrias | construción civil, procesamento de alimentos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 100 millóns (2009) |
Produtos de exportación | reexportacións, peles, café (en transito) |
Principais mercados | Somalia 76,68%, Francia 4,89%, Emiratos Árabes Unidos 4,22% (2009) |
Importacións | 644 millóns (2009) |
Principais produtos importados | alimentos, bebidas, equipamentos de transporte, produtos químicos, derivados de petróleo |
Principais mercados | Arabia Saudita 16,26%, India 16,03%, República Popular da China 14,26%, Estados Unidos 9,57%, Malaisia 6,63%, Xapón 4,74% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 428 millóns (2006) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Djibuti baséase principalmente nos servizos relacionados coa localización estratéxica do país e a súa condición de zona de libre comercio no nordeste africano. Dous terzos dos seus habitantes viven na capital, co terzo restante composto principalmente por pastores nómades[1]. As reducidas precipitacións limitan a produción de produtos agrícolas, polo que a maioría dos alimentos teñen que importarse. Hai moi poucos recursos naturais, e unha ausencia case total de industria. Djibuti é polo tanto, altamente dependente en axuda internacional para soster á súa balanza de pagamentos e financiar proxectos de desenvolvemento. O desemprego de case 60% da poboación nas áreas urbanas continúa a ser un importante problema[1].
Djibuti prové servizos coma porto de navegación para tránsito rexional e centro internacional de transbordo e recarga de combustibles. A inestabilidade rexional provocada polos conflitos entre Etiopía e Eritrea alterou, porén, as canles de comercio normais. As exportacións e importacións da veciña Etiopía representan uns 70% do movemento do porto de Djibuti[1].
O consumo por habitante reduciuse un 35% entre o 1999 e o 2006 debido á recesión, á guerra civil, e ao alto crecemento demográfico, aumentado pola chegada dun gran número de inmigrantes e refuxiados. O país sufriu pouco impacto da crise económica global, a pesar diso a súa dependencia das importacións de alimentos e de diésel para producir electricidade deixan a maioría da poboación vulnerable a choques de prezos internacionais[1]. O crecemento da débeda externa a largo prazo aumenta o atraso de Djibuti no ámbito económico, e complica o cumprimento das estipulacións impostas polos países que lle brindan axuda externa.