Economía de Myanmar

Economía de Myanmar
Moeda kyat
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, ASEAN, BIMSTEC, G-77 e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 216.948 millóns (2021)
Posición do PIB 65ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -17,91% (2021)
PIB per cápita US$ 4 000 (2021)
PIB por sector agricultura 24,1%, industria 35,6%, servizos 40,3% (2017)
Inflación 8,83% (2019)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 24,8% (2017)
Total da forza de traballo 22.122.000 (2021)
Forza de traballo por sector agricultura 70%, industria 7%, servizos 23% (2001)
Desemprego 2,17% (2021)
Industrias procesamento agrícola, madeira e produtos de madeira, cobre, estaño, tungsteno, ferro, cemento, materiais de construción, fármacos, fertilizantes, petróleo e gas natural; roupas, xade e pedras preciosas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 17.523 millóns (2019)
Produtos de exportación gas natural, roupas, arroz, cobre, feixóns e leguminosas (2019)
Principais mercados República Popular China 24%, Tailandia 24%, Xapón 7%, Alemaña 5% (2019)
Importacións 17.356 millóns (2019)
Principais produtos importados petróleo refinado, equipamentos de radiodifusión, téxtiles, motocicletas, fármacos (2019)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 6 594 millóns (2017)
Ingresos 9 108 millóns (2017)
Gastos 11,23 millóns (2007)
Centro de Yangon.

Antes da pandemia de COVID-19 e do golpe de estado de febreiro de 2021, a situación económica de Myanmar presentaba descensos masivos da pobreza, un rápido crecemento económico e unha mellora do benestar social. Non obstante, desde o golpe, a asistencia estranxeira cesou da maioría das fontes de financiamento.[1] O investimento estranxeiro oscila segundo os anos e as conxunturas, e o subdesenvolvemento, o cambio climático e o investimento desigual ameazan o progreso e a planificación da sostibilidade.[1]

A agricultura é a principal actividade económica; ocupa a case 70% da poboación activa e contribúe nun 24% ó produto interior bruto.[1] O cultivo predominante é o arroz, que ocupa preto da metade das terras cultivables. Os demais cultivos (algodón, cacahuete, hevea e ) son secundarios. É de destacar a produción de opio.

Durante as décadas de 1970 até o 2000, a forte centralización da economía en mans do Estado creou graves problemas. Na actualidade[cando?], unha parte importante da industria pesada, a enerxía e o comercio do arroz continúan en poder do Estado e o investimento privado céntrase no resto de sectores. Sen estabilidade monetaria nin fiscal, e cunha gran porcentaxe de mercado negro que obriga á administración a un férreo control do comercio de produtos alimenticios.

A explotación forestal é intensa: Myanmar ocupa a primeira posición mundial na produción de teca. As industrias extractivas, outrora destacadas, están hoxe día en retroceso, do mesmo xeito que a produción petrolífera. O sector industrial, anticuado, vive un momento delicado, cunha notable falta de investimentos.

A Organización Internacional do Traballo dentro do seu informe de xullo do 1998, describe a utilización sistemática de traballos forzados polos militares sobre a poboación civil.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "Burma - The World Factbook" (en (en inglés)). Consultado o 8 de abril de 2023. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).