El Besòs i el Maresme é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Atópase na zona nordés, no límite co municipio de Sant Adrià de Besòs. O barrio creceu pola construción de vivendas durante as décadas de 1950 e 1960 para reducir o déficit destes que había na cidade.
Antigamente os terreos eran regados por canais como o da Madriguera e o da Verneda, restos dun antigo brazo do río Besòs que desembocaba no Campo da Bota. O barrio esténdese polo tramo sur da Rambla de Prim.
No barrio hai parte das instalacións do parque do Fòrum, construídas para o Fórum Universal das Culturas 2004 e está en construción o Campus Diagonal-Besòs. Estaba tamén prevista a construción dun Zoo Mariño pero o proxecto parouse en 2011.