El Bola

El Bola
Ficha técnica
Na rede
IMDB: tt0243794 Filmaffinity: 526932 Allocine: 35005 Rottentomatoes: m/pellet Allmovie: v226992 TCM: 537020 Metacritic: movie/pellet Netlix: 60028903 Editar o valor en Wikidata

El Bola é unha película española dirixida por Achero Mañas no ano 2000 e que lanzou á fama ó seu protagonista, o actor Juan José Ballesta, desde aquela acotío coñecido polo alcume do seu personaxe nesta película.

No elenco que encabeza Ballesta figuran nomes destacados do cine español como Gloria Muñoz, Alberto Jiménez, Manuel Morón ou Nieve de Medina.

Esta longametraxe é e primeira dirixida por Achero Mañas, e nela aborda o tema do maltrato infantil a través dunha historia que acadou unha grande aceptación e conseguiu multitude de premios e recoñecementos, destacando o seu éxito nos Premios Goya con galardóns á mellor película, dirección novel, guión orixinal e actor revelación (Juan José Ballesta).

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

El Bola (Juan José Ballesta) é un rapaz de 12 anos que vive unha atmosfera violenta e sórdida. A súa situación familiar, que oculta avergoñado, incapacítalle para relacionarse e comunicarse con outros mozos. A chegada dun novo compañeiro ó colexio, Alfredo (Pablo Galán) con quen descobre a amizade, e a posibilidade que iso lle brinda de coñecer unha realidade familiar distinta por completo, daranlle forzas para aceptar e finalmente ser capaz de enfrontarse á súa.

Palmarés cinematográfico

[editar | editar a fonte]