El Intermedio | |
---|---|
Formato | Humor, crítica e sátira |
Duración | 55 minutos |
Creado por | Miguel Sánchez-Romero |
Producido por | Globomedia |
Presentado por | Gran Wyoming |
Día(s) de emisión | De luns a xoves |
Horario de emisión | (21:30 h - 22:25 h) |
Localización(s) | Madrid |
Cadea | laSexta |
Día da estrea | 30 de marzo de 2006 |
Na rede
| |
http://www.lasexta.com/programas/el-intermedio/ | |
El Intermedio é un programa de televisión producido por Globomedia e emitido pola cadea de televisión laSexta. Está presentado por El Gran Wyoming, coa colaboración de Sandra Sabatés, Thais Villas, Dani Mateo, Fernando González "Gonzo" e Usun Yoon. Este programa tamén ten a súa versión en Internet, a través de Second Life.
El Intermedio estreouse o 30 de marzo de 2006. O programa comezou sendo semanal, de dúas horas de duración, e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves, cunha duración diaria de 30 minutos. Unha das características do programa é a actitude crítica coa Igrexa Católica e coa cadea COPE.
Trátase dun espazo de actualidade en clave de humor. No programa non só se narra o acaecido na actualidade, senón que tamén se critica e se parodia como o contan os demais medios de comunicación. Teñen cabida, por tanto, os grandes temas da actualidade semanal, ademais doutros temas. Todo o contido está relacionado co universo dos medios.
Entre a longa lista dos invitados que recibiu o programa dende a súa estrea están os galegos Pepe Domingo Castaño, Paula Vázquez e Cristina Saavedra entre outros. Tamén estiveron políticos como Carme Chacón, Gaspar Llamazares, Pedro Zerolo, Josep Antoni Duran i Lleida ou José Antonio Labordeta; actores como Elena Ballesteros, Fernando Tejero, Hugo Silva, Michelle Genner, José Coronado, Ariadna Gil, Leonor Watling, Antonio Resines, Malena Alterio ou Belén Rueda; xornalistas como Hilario Pino, Helena Resano ou Mamen Mendizábal e músicos como Pasión Vega, Malú, Alaska e Antonio Carmona.