A vitrina da empresa Gaspar y Roig cando se exhibe «El Museo Universal».
De distribución nun primeiro momento quincenal, que pasou a ser semanal. Publicouse entre 1857 e 1869 e contiña unha notable cantidade de láminas e gravados.[1][2] Os seus fundadores foron José Gaspar Maristany e Fernando Roig.[3]El Museo Universal foi herdeira de Semanario Pintoresco Español,[1] cuxa publicación finalizou precisamente en 1857, e, á súa vez, unha especie de xerme da revista La Ilustración Española y Americana, fundada en 1869.[4][a]
O seu principal director foi o xornalista Nemesio Fernández Cuesta y Picatoste,[6] do que Cecilio Alonso afirma que levou á revista a cruzar límites de «intencionalidade política» por encima do que se consideraba normal nunha revista ilustrada de arte, literatura e ciencia.[7] A partir de 1865 a revista tivo un importante colaborador en Gustavo Adolfo Bécquer.[8] Nela publicou tamén Manuel Murguía. Entre os artistas gráficos, contou con achegas de Valeriano Domínguez Bécquer,[b]Bernardo Rico,[9] Enrique Laporta,[11] Francisco Laporta,[9]Daniel Urrabieta,[c]Francisco Ortego,[6] Carlos Ribeira,[d] Federico Ruiz,[6]Tomás Carlos Capuz[13] ou Joaquín Sierra y Ponzano,[14] entre outros.
En palabras de Charnon-Deutsch, a aparición da revista —xunto ao da súa sucesora, La Ilustración Española y Americana— supuxo o que «España vise por fin "unha revista española ilustrada que combinase noticias do día a día cunha visión monumental do seu pasado nacional"»[15] e segundo Trancón Lagunas formaría xunto a Semanario Pintoresco Español e o Museo de las Familias «a triloxía de revistas máis importantes do século [en España] até a revolución do 68».[16]
↑É importante sinalar que esta segunda celebrou o seu vixésimo quinto aniversario en 1882, malia ser fundada en 1869, estando xa que logo relacionada a celebración co ano en que apareceu El Museo Universal, 1857; ao período de publicación de El Museo Universal foi sumada a traxectoria da nova revista, o que deixa clara a gran relación entre ambas publicacións.[4]El Museo Universal foi de feito adquirida polo propietario de La Ilustración Española y Americana, Abelardo de Carlos.[5]
↑Esta colaboración é citada por Márquez,[9] ao parecer asinaba con frecuencia coas súas iniciais: «V. B.».[10]
↑Aínda que Márquez cita a Daniel Urrabieta,[9] é posible que se tratase do seu pai, Vicente Urrabieta, pois o primeiro naceu en 1851, asinaba como «Vierge» e non con «Urrabieta» e segundo a bibliografía consultada non trabalou apenas para publicaciós en España antes de marchar a Francia cara a 1869-1870.
↑Rubio Jiménez 2006, p. 378. «A partir de 1865 fueron relativamente frecuentes las viñetas firmadas con las iniciales de Valeriano Bécquer: "V. B." tanto en la revista como en el almanaque anual que repartía entre sus suscriptores El Museo Universal.».