Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1941 (83 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Educación | Bryn Mawr College Universidade de California en Davis Universidade Brandeis |
Actividade | |
Ocupación | socióloga, xornalista, crítica literaria, profesora universitaria, escritora |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade Rutgers (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | English Showalter |
Fillos | Michael Showalter |
Premios | |
Descrito pola fonte | American Women Writers (en) |
Elaine Showalter, nada en Boston, Massachusetts o 21 de xaneiro de 1941, é unha activista, escritora, xornalista, feminista e académica estadounidense; famosa por ser unha das “nais fundadoras”da crítica literaria feminista, e por desenvolver o concepto e a práctica da xinocrítica, entre outros.[1] Pertence á denominada segunda onda do feminismo e é contemporánea de autoras como Simone de Beauvoir, Betty Friedan, Kate Millet e Germaine Greer, entre outras. Entre as súas principais influencias atópanse autores como Doris Lessing, Michel Foucault e Virginia Woolf.
Estudou unha licenciatura no Bryn Mawr College no estado de Pensilvania, graduándose en 1962; obtén un mestrado outorgado pola Universidade Brandeis en 1964, e un PhD por parte da Universidade de California en Davisen[2] 1970 cunha tese de doutoramento titulada The Double Standard: Criticism of Women Writers in Victorian Periodicals 1845-1880 (mesma que serve como base para o seu primeiro libro, A literature of their own: British women novelists from Brontë to Lessing).[3] É especialista en literatura vitoriana e literatura de Fin de siècle.[4] A partir de 1970 imparte clases de inglés como asistente de profesor no colexio de mulleres da Universidade Rutgers, o Douglass College; en 1974 convértese en profesora asociada, e en 1978 profesora de tempo completo. A partir de 1984 dá clases de inglés na Universidade de Princeton, e en 1987 é nomeada profesora emérita da Fundación Avalon na póla das humanidades, retirándose de ambos os postos en 2003.[5] En 2012 recibe o doutoramento en letras honoris causa outorgado pola Universidade de Saint Andrews. Ademais, foi presidenta da Modern Language Association of America. Actualmente está casada con English Showalter, profesor de literatura francesa do século XVIII, con quen ten dous fillos: o actor Michael Showalter, e a redactora profesional de discursos Vinca Showalter LaFleur. Elaine Showalter é autora de máis de 10 libros, algúns dos cales son considerados como “obras seminais” da crítica literaria feminista. Tamén escribiu máis de 100 artigos académicos, 250 recensións, e deu máis de 300 conferencias como profesora convidada; ademais foi xornalista, editora, comentarista tanto en radio como televisión por parte da British Broadcasting Corporation (BBC), crítica televisiva na revista People, e xuíza de premios literarios, entre os que se atopan o National Book Awards, o Premio Orange, os Premios PEN, e parte do xurado do Premio Booker[6] en 2007.[7][8]