![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1957 ![]() Ceclavín, España ![]() |
Morte | 21 de maio de 2020 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid Universidade Politécnica de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Elisa Herrero Uceda, nada en Ceclavín (provincia de Cáceres) o 7 de novembro de 1957, é unha escritora, rapsodo, bióloga e enxeñeira estremeña.
Destaca principalmente como escritora e rapsodo de poesía nos encontros líricos que ofrece xunto co seu irmán, o tamén escritor e divulgador, Miguel Herrero Uceda. Comprometidos ámbolos dous coa defensa da natureza e a conservación dos saberes tradicionais da cultura estremeña[1]. Froito deste empeño escribiron artigos e libros sobre a cultura rural, ademais de relatos e narracións en lingua estremeña, Ceborrincho e Mamaeña.
Elisa é doutora en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. O seu posdoutorado fíxoo no Medical Research Council de Cambridge (Inglaterra). É tamén enxeñeira en informática pola Universidade Politécnica de Madrid, mais ao mesmo tempo non esqueceu os saberes tradicionais da súa terra, reflectíndoos nos seus escritos[2].
O 31 de maio de 2014 formou parte do encontro de escritores estremeños, Tarde de escritores, que tivo lugar na súa vila natal, Ceclavín[3][4][5][6]. Tamén participa e colabora nas actividades anuais da Semana Complutense de las Letras da Universidade Complutense de Madrid[7].
Elisa é irmá tamén do pintor Antonio José Herrero Uceda, con quen colabora nas súas exposicións[8].