![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1887 ![]() Galați (Reino de Romanía) ![]() |
Morte | 25 de novembro de 1973 ![]() Bucarest (República Socialista de Romanía) ![]() |
Educación | Universidade de Copenhague Universidade Técnica de Berlín ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría, física e química ![]() |
Ocupación | enxeñeira, mestra, inventora ![]() |
Empregador | Institutul Geologic al României (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Irmáns | Gheorghe Leonida Dimitrie Leonida Natalia Leonida Adela Leonida-Paul ![]() |
Elisa Leonida Zamfirescu, nada en Galați o 10 de novembro de 1887 e finada en Bucarest o 25 de novembro de 1973[1], foi unha enxeñeira romanesa e unha das primeiras mulleres do mundo en obter un grao.[2][3][4] Naceu en Romanía mais obtivo o título en Berlín. Durante a primeira guerra mundial dirixiu un hospital en Romanía.
Elisa Zamfirescu naceu en Galați, Romanía o 10 de novembro de 1887. O seu pai, Atanase Leonida, era un oficial, mentres que a súa nai , Matilda Gill, era a filla dun enxeñeiro de ascendencia francesa.[3] O seu irmán, Dimitrie Leonida, tamén foi enxeñeiro.
Despois de acabar o instituto tentou inscribirse no Escola de Pontes e Camiños de Bucarest,[5] pero foi rexeitada debido aos prexuízos sexistas[4]. Marchou a Berlín, e en 1909 inscribiuse na Universidade Técnica de Berlín, en Charlottemburg, onde se graduou en 1912.[3] Tras ser rexeitada, o decano tratou de convencela de que renunciase, citando «os tres K» -kirche, kinder, küche (igrexa, nenos, cociña)- que definían o perfil da muller naquela época. Considerouse que Zamfirescu era a primeira muller enxeñeira do mundo,[5] pero a irlandesa Alice Perry graduouse seis anos antes que Zamfirescu, en 1906.[6]
De regreso a Romanía, Zamfirescu traballou como asistente no Instituto Xeolóxico de Romanía.[5] Durante a primeira guerra mundial, uniuse á Cruz Vermella[7] e dirixiu un hospital en Mărășești, Romanía. En 1917, o seu hospital recibiu os feridos da batalla de Mărășești entre os exércitos alemán e romanés.[4] Foi unha vitoria para Romanía durante 28 días durante os cales arredor de 12 000 romaneses e máis de 10 000 alemáns resultaron feridos.[8] Durante ese tempo, coñeceu e casou co químico Constantin Zamfirescu, irmán do político e escritor Duiliu Zamfirescu.[2]
Durante a guerra, Zamfirescu regresou ó Instituto Xeolóxico. Liderou diversos laboratorios xeolóxicos e participou en estudos de campo, incluíndo algúns nos que se identificaron novas fontes de carbón, gas natural, cromio, bauxita e cobre. Zamfirescu tamén ensinou física e química.[2]