![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1894 ![]() Guarambaré, Paraguai (pt) ![]() ![]() |
Morte | 15 de setembro de 1949 ![]() Asunción, Paraguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, músico ![]() |
Partido político | Partido Revolucionario Febrerista ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Emiliano R. Fernández, nado como Emiliano Fernández Rivarola en Yvysunu [1] o 8 de agosto de 1894 e finado en Asunción o 15 de setembro de 1949 , foi un dos máis prolíficos expoñentes da poesía popular de Paraguai e da polca paraguaia.
É autor duns 2000 poemas[2]. Pasou os seus primeiros anos no lugar de Ysaty, e alí foi á escola primaria ata o quinto grao. Durante a revolución de 1904, que deu o poder ao Partido Liberal, estableceuse na cidade de Concepción e alí realizou o servizo militar. A partir da década de 1920 comezou a percorrer todos os recunchos de Paraguai, escribindo os seus primeiros versos que recitaba ou cantaba acompañándose coa súa guitarra: “Primavera” (I e II), “Trigueñita” e “Pyhare amaguype”, publicados en Okara poty kue a mi, revista de versos e cancións populares editada durante moitos anos pola familia Trujillo. Posteriormente escribiu dúas das súas máis populares composicións de ton épico: “Che la reina” ou “Ahama che china” e “Rojas Silva rekavo”.
Participou na guerra do Chaco, entre Paraguai e Bolivia (1932-1935), como soldado do Rexemento de Infantaría “13 Tuyutí”, escribindo os seus mellores versos entre as pausas das batallas. Trasladárono a Asunción logo de recibir unha ferida na fronte. Durante o conflito internacional escribiu versos patrióticos, insuflándolles entusiasmo e certeza na vitoria aos soldados. O erudito e intelectual Carlos Villagra Marsal considérao o poeta popular por excelencia de Paraguai. Escribiu en “jopará”, o guaraní popular, moi fortemente castelanizado.
Traballou como xornalista no Semanario Guaraní. Durante a súa vida só publicou un libro Ka’aguy jary’i, que contén algúns dos seus poemas máis emblemáticos.