(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1975 (49 anos) Neuilly-sur-Seine, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora, artista discográfico |
Período de actividade | 2001 - |
Xénero artístico | Chanson e música rock |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Polydor Records |
Familia | |
Irmáns | Manon Loizeau |
Cronoloxía | |
5 de xullo de 2009 | Montreux Jazz Festival 2009 (en) (Miles Davis Hall (en) ) |
Premios | |
| |
Sitio web | emilyloizeau.com |
|
Emily Loizeau, nada en Neuilly-sur-Seine, Francia, o 7 de febreiro de 1975, é unha autora, compositora e intérprete musical franco-británica.
Emily Loizeau é filla de pai francés e de nai inglesa. A súa avoa era a comediante inglesa Peggy Ashcroft, e é a irmá da xornalista Manon Loizeau[1]. Debido á súa ascendencia, escribe tanto en inglés como en francés. As súas influencias son múltiples: Georges Brassens, Bob Dylan, The Beatles, Tom Waits, Nina Simone, Randy Newman e moitos outros.
Emily comezou os seus estudos de piano con cinco anos. Despois de estudar música clásica durante anos, fixo tres anos de teatro[2]. A finais de 2001 decide dedicarse á canción. Ese mesmo ano Emily escribe a súa primeira canción oficial "Balthazar"[3] (xa que xa escribira unha canción polo nacemento do seu sobriño), que trata con claridade dunha ruptura que vivira pouco tempo atrás.[4] En abril de 2004, firmou un contrato de edición con Nicolas Galibert e Sony Music Publishing e comezou a facerse notar tocando como abreconcertos de Tryo, Andrew Bird ou incluso Patricia Kaas.[5]
Despois de autoproducir un CD con seis cancións titulado La Folie En Tête, o seu primeiro álbum L'Autre Bout du Monde saíu baixo o selo independente Fargo Records, dirixido por Michel Pampelune, en febreiro de 2006.[6]
Entón, firmou co produtor Pierre Pascal Houdebine e Furax unha xira de case dous anos, que a conduciu a preto de 200 concertos nas vilas francesas, da pequena sala parisiense dos seus comezos (La Comédia) ao escenario do Grand Rex (2800 prazas) o 6 de novembro de 2007. O seu espectáculo estivo acompañado polos seus dous músicos Cyril Avèque (batería) e Olivier Koundouno (violoncello) e a posta en escena por Daniel Levy. Ademais de Bach e Franz Schubert, gústalle Renaud desde que tiña 11 anos. A representación melodiosa e ao mesmo tempo salvaxe das súas cancións está estreitamente ligada á precisión musical do seu baixista e violoncellista Olivier Koundouno, quen está moi influenciado polo corista Nicolas Pannetier.
A finais de 2006, Renan Luce presentoulle á súa representante Gloria, que acompañou un éxito crecente que dende ese momento se estende internacionalmente ao ritmo da xira 2007 e 2008: Québec, América do Sur, India (French Kiss Tour con Anaïs e Mademoiselle K), nos Ánxeles, Polonia, Reino Unido... Gloria ocúpase da carreira de Emily Loizeau dende abril de 2007.
O seu videoclip "Jalouse" (realizado por Leo Bridle) tivo grande éxito en YouTube.
Este álbum foi gravado en directo nun concerto de Emily Loizeau no Grand Rex, editado e vendido á saída do espectáculo. Tamén estivo á venda na páxina web da súa casa de discos do momento, Fargo.
A maioría das canción están compostas e escritas por Emily Loizeau, agás algunhas versión como My Guy, e Hymne De La Trahison.