![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuela Ruiz Penella ![]() 2 de marzo de 1931 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 27 de agosto de 2007 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | insuficiencia renal ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena ![]() |
Outros nomes | Gemma Penella ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 1949 ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Emiliano Piedra ![]() |
Pai | Ramón Ruiz Alonso ![]() |
Irmáns | Elisa Montés Terele Pávez ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Manuela Ruiz Penella, máis coñecida como Emma Penella, nada en Madrid o 2 de marzo de 1931 e finada o 27 de agosto de 2007,[1] foi unha actriz española de cine, teatro e televisión.
Intérprete de marcada personalidade e gran prestixio desde a década de 1950, triunfou en cine grazas a películas como El verdugo, de Luis García Berlanga e mantivo unha intensa actividade teatral. Tras unha retirada a mediados da década de 1990, volveu adquirir gran popularidade mercé á súa participación na exitosa serie de televisión Aquí no hay quien viva e posteriormente en La que se avecina xunto con Gemma Cuervo e Mariví Bilbao.
Filla do político Ramón Ruiz Alonso e de Magdalena Penella Silva, neta do compositor Manuel Penella Moreno e bisneta do tamén músico Manuel Penella Raga, era irmá das tamén actrices Elisa Montés e Terele Pávez e casou co produtor de cine Emiliano Piedra. Ademais, era tía da actriz Emma Ozores (filla da súa irmá Elisa e do actor Antonio Ozores).
Círculo de Escritores Cinematográficos
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1952 | Mellor actriz secundaria | Los ojos dejan huellas | Gañadora |
1956 | Mellor actriz principal | Fedra | Gañadora |
1961 | Mellor actriz principal | Sentencia contra una mujer | Gañadora |
1966 | Mellor actriz | La busca | Gañadora |
1969 | Mellor actriz | Fortunata y Jacinta | Gañadora |
1995 | Mellor actriz | Mar de luna | Gañadora |
Ano | Categoría | Programa de TV | Resultado |
---|---|---|---|
1981 | Mellor intérprete de televisión | Estudio 1: Sabor a miel | Candidata |
Outros