En kongelig affære | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | En kongelig affære |
Director | Nikolaj Arcel |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Prinsesse af blodet de Bodil Steensen-Leth |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Rasmus Videbæk |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Nordisk Film Distribution |
Estrea | Festival de Berlín: 16 de febreiro de 2012 29 de marzo de 2012 |
Duración | 137 minutos |
Orixe | Dinamarca Suecia República Checa |
Xénero | Drama |
Recadación | 14,7 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.magpictures.com/aroyalaffair | |
En kongelig affære é un filme de 2012 dirixido por Nikolaj Arcel, e protagonizado por Mads Mikkelsen, Alicia Vikander e Mikkel Følsgaard. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, Suecia e a República Checa. A historia está ambientada no século XVIII, na corte do rei mentalmente doente Cristián VII de Dinamarca, enfocándose no idilio amoroso entre a súa muller, Carolina Matilde de Gran Bretaña, e o médico real Johann Friedrich Struensee.
O filme recibiu dous Osos de Prata na 62ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[2] e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios.[3] Foi nomeado na mesma categoría na 70ª edición dos Globos de Ouro.[4]