Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1892 Barcelona, España |
Morte | 31 de xullo de 1986 (94 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | compositor, profesor universitario, director de orquestra, violinista |
Empregador | Conservatorio Superior de Música do Liceo |
Xénero artístico | Sardana |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Pais | Carles Casals Ribes e Pilar Defilló Amiguet |
Irmáns | Pau Casals |
Enric Casals i Defilló, nado en Barcelona o 26 de xullo de 1892 e finado o 31 de xullo de 1986, foi un violinista e compositor catalán, irmán de Pau Casals.
Comezou a estudar música co sei pai, Carles Casals Ribes. Posteriormente foi discípulo de Rafael Gàlvez e de Mathieu Crickboom, estudou composición no Conservatorio de Bruxelas e foi alumno de Frantisek Suchy en Praga. Fundou o cuarteto de corda Enric Casals. Entre 1919 e 1936, foi violinista e violoncellista da Orquestra Pau Casals, que tamén dirixiu ocasionalmente. Instrumentou pezas do seu irmán Pau, como o oratorio El Pessebre. Tivo de discípulos a Gonçal Comellas, Eduard Bocquet, e Lluís Claret.
Compuxo concertos para violín e violoncello. Tamén e autor dunha vintena de sardanas, que se considera seguen a tradición de garretiana. Como mostra da autoesixencia compositiva de Enric Casals, temos as seguintes palabras: "Eu preguntaría a certos Compositores de sardanas durante a ditadura si son capaces de escribir unha sonata, ou un concerto, ou un poema sinfónico. Si non son capaces de escribir unha obra desta importancia, non son compositores, e se non o son, con que dereito están afeando a nosa danza?".
O mes de xullo de 2011 a súa familia cedeu, mediante a Fundació Pau Casals, 183 documentos do músico e violinista ao Arquivo Nacional de Cataluña.[1]