Estudou dereito e xornalismo e en 1968 entrou como redactor na revista de cine Fotogramas. En 1970 dirixiu dúas curtametraxes, Todos los jóvenes tristes e Fin de verano. En 1971, fixo o servizo militar en Melilla onde escribiu o seu primeiro libro, Mujer en el espejo contemplando el paisaje. Ao regreso a Barcelona, traballou como crítico de cine das revistas Bocaccio e Destino. Viviu en París dous anos nun faiado que lle alugou a escritora Marguerite Duras, e alí escribiu a súa segunda novela, La asesina ilustrada. Empezou a ser recoñecido en 1985 co libro Historia abreviada de la literatura portátil.
Entrevista a Enrique Vila-Matas por JUAN CRUZ, El País, 13/03/2010
Recensión por Albacete, J. (31 de marzo de 2010). "Dublinesca". De Verdad Digital(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2018.