Eric Bledsoe

Modelo:BiografíaEric Bledsoe

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Birmingham, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kentucky
A. H. Parker High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Convocado porOklahoma City Thunder, 18º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Motor City Cruise
Milwaukee Bucks
Phoenix Suns
Los Angeles Clippers
2009–2010 Kentucky Wildcats

Twitter: EBled2 Instagram: thebledshow Editar o valor en Wikidata

Eric Bledsoe, nado o 9 de decembro de 1989 en Birmingham (Alabama), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Shanghai Sharks da Chinese Basketball Association (CBA). Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. Foi considerado coma un dos mellores bases do país cando estaba no instituto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Bledsoe xogou un ano cos Kentucky Wildcats, onde fixo unha media de 11,3 puntos por partido. Aínda que é principalmente un base, xogou a maioría dos partidos coma escolta. Os Wildcats acadaron unha marca de 35-3.

O 7 de abril de 2010, Bledsoe anunciou que ía saltarse as súas últimas tres tempadas universitarias para entrar no Draft da NBA de 2010.[1] Foi recomendado pola súa rapidez, a súa habilidade co balón nas mans e de tiro dende lonxe. Bledsoe foi a 18ª elección no Draft da NBA de 2010, elixido polos Oklahoma City Thunder, aínda que foi traspasado inmediatamente aos Los Angeles Clippers.[2]

O 10 de xullo de 2013, Bledsoe foi traspasado ós Phoenix Suns xunto ó seu compañeiro Caron Butler, nun traspaso entre tres equipos que mandou a Jared Dudley e a J. J. Redick ós Los Angeles Clippers, con dúas eleccións do Draft para Milwaukee.[3]

O 7 de novembro de 2017, Bledsoe foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Greg Monroe e dúas eleccións do Draft, unha protexida da primeira rolda, e outra da segunda rolda.[4] Fixo o seu debut cos Bucks tres días máis tarde, facendo 13 puntos e 7 asistencias na vitoria por 94-87 contra os San Antonio Spurs.[5]

O 24 de novembro de 2020, Bledsoe foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre catro equipos.[6] No seu debut cos Pelicans, Bledsoe acadou 18 puntos, 6 asistencias e dous rebotes na vitoria dos Pelicans por 113–99 contra os Toronto Raptors.[7]

O 7 de agosto de 2021, Bledsoe foi traspasado ós Memphis Grizzlies.[8] O 16 de agosto de 2021, foi traspasado ós Los Angeles Clippers.[9]

O 4 de febreiro de 2022, Bledsoe foi traspasado xunto a Justise Winslow e Keon Johnson ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.[10] Foi cortado o 6 de xullo de 2022, sen chegar a debutar cos Blazers.[11]

  1. "Kentucky frosh to try for NBA". freep.com. April 7, 2010. 
  2. [1] Arquivado 09 de maio de 2010 en Wayback Machine. spoonhoops.com
  3. "Suns Complete Deal for Eric Bledsoe and Caron Butler". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  4. "Bucks acquire Eric Bledsoe from Phoenix". NBA.com. 7 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  5. "Antetokounmpo leads Bucks past Spurs in Bledsoe's debut". ESPN.com. 10 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  6. "Pelicans acquire Steven Adams, Eric Bledsoe in four-team trade". NBA.com. 24 de novembro de 2020. 
  7. "Pelicans' Eric Bledsoe: Impresses in debut". CBS Sports. 23 de decembro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  8. "Grizzlies acquire Steven Adams, Eric Bledsoe, draft rights to Ziaire Williams and two draft picks in three-team trade with Pelicans and HorNets". NBA.com. 7 de agosto de 2021. 
  9. "LA Clippers Acquire Eric Bledsoe From Memphis Grizzlies". NBA.com. 16 de agosto de 2021. 
  10. "Trail Blazers Acquire Eric Bledsoe, Keon Johnson and Justise Winslow". NBA.com. 4 de febreiro de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  11. "Trail Blazers Waive Eric Bledsoe". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]