Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1967 (57 anos) Inuvik, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Eric Schweig, nado como Ray Dean Thrasher en Inuvik, Territorios do Noroeste, Canadá, o 19 de xuño de 1967[1] é un actor coñecido polo seu papel de fillo de Chingachgook, Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos (1992).
Fillo dunha muller inuit e dun pai de ascendencia portuguesa, alemá e senegalesa.[2] É o máis vello de sete irmáns que foron todos adoptados como parte dun intento marrado do goberno do Canadá en forzar aos fillos dos inuit e Primeiras Nacións para asimilarse á sociedade branca. A súa nai biolóxica morreu de alcoholismo en 1989 e el nunca chegou a coñecela. "Non bebeu nin unha pinga de alcohol ata que nos levaron", dixo Schweig. "Formamos parte de todo o programa de asimilación, quitado á forza, aínda que os meus pais adoptivos dixéronme que non".[3] Cando tiña seis meses, foi adoptado por unha parella franco-alemá de fala inglesa.[4] Pasou a súa infancia en Inuvik ata os seis anos, cando a súa familia se trasladou ás Bermudas. Despois volveron ao Canadá.
"Acabei cansando de vivir nunha prisión sen paredes e fuxín cando tiña 16 anos. O que aconteceu entre daquela e agora foi unha montaña rusa de alcohol, drogas, violencia, relacións fracasadas, desesperación e confusión. Quen son eu? De onde veño? Onde está a miña familia? A onde pertenzo? Cando o misterio da vida foi esnaquizado por estraños que vixían por ti, moitas destas preguntas pérdense".[5]
Eric fuxiu a Toronto, Ontario e en 1987, ós vinte anos de idade, un produtor de cine suxeriulle que fixera unha audición para o filme The Shaman's Source. A pesar de non ter formación no mundo do teatro, gañou o papel. Ese primeiro filme foi o que o lanzou á industria cinematográfica.
Os seus papeis máis memorables son o de Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos, e o de Pike Dexter, no filme Big Eden.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1990 | The Shaman's Source | Robert Crow | |
1992 | By Way of the Stars | Tormenta negra | Miniserie de televisión |
O derradeiro dos mohicanos | Uncas | ||
1993 | For Love and Glory | Moses Moon | (TV) |
The Broken Chain | Joseph Brandt / Thayendanegea | (TV) | |
1994 | Squanto: A Warrior's Tale | Epenow | |
Pontiac Moon | Ernest Ironplume | ||
1995 | 500 Nations | (TV, voz) | |
Follow the River | Wildcat | (TV) | |
The Scarlet Letter | Metacomet | ||
Tom and Huck | Injun Joe | ||
1996 | Red River | Napoléon | (TV) |
Dead Man's Walk | Buffalo Hump | (TV) | |
2000 | Big Eden | Pike Dexter | |
2002 | Skins | Rudy Yellow Lodge | |
2003 | Mr. Barrington | Samuel | |
Cowboys and Indians: The John Joseph Harper Story | Harry Wood | (TV) | |
Desaparicións | Pesh-Chidin | ||
2005 | Into the West | Touro Sentado | |
It Waits | Joseph Riverwind | ||
Shania: A Life in Eight Albums | Jerry Twain | (TV) | |
2006 | One Dead Indian | Sam George | (TV) |
Indian Summer: The Oka Crisis | Terry Doxtator | (TV) | |
Not Like Everyone Else | Tim Blackbear | ||
Mr. Soul | Steve Lonethunder | ||
2007 | Enterrádeme o corazón en Wounded Knee | Gall | |
2009 | Cashing In | Mathew Tommy | Serie de televisión |
Blackstone | Xefe Andy | ||
Kissed by Lightning | Solomon "Bug" King | ||
2010 | A Flesh Offering | Mishomis | |
Casino Jack | Xefe Poncho | ||
2013 | Maïna | Quujuuq | |
Longmire | Dolan Lone Elk | ||
2014 | Elementary | Leon Moody | Tempada 3, episodio 6: Terra Pericolosa |
2017 | Supernatural | Sarxento Joe Philips | Tempada 13, episodio 6 |
2018 | The Grizzlies | Harry Aviak | |
2020 | Barkskins | Chief Tehonikonhraken | Tempada 1, episodios 7 & 8 |
Brother, I Cry | Dean | ||
2023 | Little Bird | Asin | Serie de televisión |