Erigeron karvinskianus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Erigeron karvinskianus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
''Erigeron karvinskianus'' DC. |
Erigeron karvinskianus é unha especie de plantas da familia Asteraceae.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.
Esta planta rubideira ou amacollada, é útil como tapizante informal e en climas suaves florece con profusion todo o ano. As pequenas flores, de 25 mm de ancho son brancas ao abrirse e adoptan diversos tons rosados e vermello burdeos. Crece até uns 38 cm de alto, esténdese indefinidamente e ten talos laxos e estreitas follas vellosas, a miúdo lobuladas. Pode ser bastante invasiva en climas suaves.
Orixinaria de México e América central.
É a disentería o principal padecemento contra o cal se usa esta planta. Para curala, recoméndase tomar tres veces ao día un té elaborado coas ramas ou con toda a planta. Preparada e administrada da mesma forma, utilízase para deter a diarrea e aliviar a dor corporal.
As partes aéreas de E. karwinsianus conteñen un aceite esencial no que se identificaron principalmente os sesquiterpenos allo-aromadendreno, bergamoteno, alfa, gamma e delta-cadineno, cariofileno, alfa-copaeno, beta-cubebeno, curcumeno, beta-elemeno, beta-farneseno, guaieno, humuleno, gamma-muroleno; e os monoterpenos cosmeno, mirceno, trans-ocimeno e alfa pineno; Tamén se detectaron nas partes aéreas os esterois campesterol, colesterol, alfa-espinosterol, o seu dihidro-derivado, estigmasterol e beta-sitosterol, e as cromonas erigerósido e piranósido de 3-hidroxi-4-pirona.[1]
Erigeron karvinskianus foi descrita por Augustin Pyrame de Candolle e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 5: 285. 1836.[2][3]
Erigeron: nome xenérico que deriva das palabras gregas: eri = "temperán" e geron = "home vello", polo que significa "home vello na primavera", en referencia ás cabezas de sementes brancas abrandadas e a floración temperá e frutificación de moitas especies.[4]
karvinskianus: o epíteto refírese a Wilhelm Friedrich Karwinski von Karwin,[5] que recolleu a planta en México segundo de Candolle.[6]