Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Esteban Yáñez Pazos ![]() 1984 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 21 de abril de 2020 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | COVID-19 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, actor de cinema, actor de televisión, músico, blogueiro, actor de dobraxe ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
1 de decembro de 1995 | Pratos combinados |
18 de abril de 1994 | Xabarín Club ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Esteban Yánez Pazos, nado en Ferrol en 1984 e finado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 2020[1], foi un actor, músico e blogueiro galego.
Na súa adolescencia, participou no programa infantil e xuvenil da TVG Xabarín Club como "Arroz Hacker"[2]. Tamén foi actor na serie da televisión autonómica galega Pratos combinados[3].
Con 18 anos comezou a súa traxectoria no mundo dos blogs con “Soy un snob neurótico” na plataforma Blogspot. En 2004 abriu a bitácora “Imbéciles e escuros”. Tamén abriu blogs en Blogaliza e Tumblr. Entre os seus proxectos musicais estivo Os Megaloves, dúo que uniu a Yánez, co seu alcume Snob Megalove, e Vil Megalove. En 2009 comezou o podcast “Amor en bruto”, e como DJ Pezuñitas facía seleccións musicais en Last.fm e Spotify. Era membro do comité de redacción da revista Luzes[4][5], e entre as numerosas iniciativas nas que participaba estaba a Comisión de Historia da Gentalha do Pichel[6]. Nos últimos anos estivo activo na rede social Twitter como @Snob[7][8].
Finou o 21 de abril de 2020 no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela vítima da COVID-19 aos 35 anos[9][10].