Estiu 1993 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Estiu 1993 |
Director | Carla Simón |
Produtor | Valérie Delpierre Stefan Schmitz María Zamora |
Guión | Carla Simón |
Intérpretes | Laia Artigas David Verdaguer Paula Blanco Isabel Rocatti |
Música | Ernest Pipó Pau Boïgues |
Fotografía | Santiago Racaj |
Montaxe | Didac Palou Ana Pfaff |
Estudio | Inicia Films Avalon P.C |
Distribuidora | Oscilloscope |
Estrea | Berlín: 11 de febreiro de 2017 30 de xuño de 2017 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Cataluña |
Xénero | Drama |
Recadación | 1,9 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Estiu 1993 é un filme catalán de 2017 dirixido por Carla Simón.[2][3][4] O filme rodouse en diversas poboacións de La Garrotxa no verán de 2016. Trátase da primeira longametraxe da directora barcelonesa e está inspirada na súa propia experiencia. O filme estreouse na 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio GWFF ó mellor filme debut.[5] Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6][7]
Despois de que os seus pais morresen de SIDA, Frida (interpretada por Laia Artigas), unha nena de 6 anos, deixa Barcelona e vai vivir ó campo cos seus tíos e a filla deles, Anna (interpretada por Paula Robles), unha nena de 3 anos. Frida afrontará o seu primeiro verán coa nova familia adoptiva e a nova contorna rural ó que terá que adaptarse. Durante o verán de 1993, Frida aprenderá a aceptar a súa pena e a súa dor e os seus pais adoptivos aprenderán a querela como a súa propia filla.[8]