Eu andei cun zombie | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | I Walked with a Zombie |
Director | Jacques Tourneur |
Produtor | Val Lewton |
Intérpretes | James Ellison Frances Dee Tom Conway |
Música | Roy Webb |
Fotografía | J. Roy Hunt |
Montaxe | Mark Robson |
Estrea | 21 de abril de 1943 |
Duración | 69 minutos |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Eu andei cun zombi (inglés: I Walked with a Zombie) é un filme estadounidense de terror de 1943 baseado en parte nun artigo escrito por Inez Wallace e publicado na revista The American Weekly e na novela de Charlotte Brontë Jane Eyre.
O filme foi dirixido por Jacques Tourneur e producido por Val Lewton. Vodú, zombis e maxia negra combínanse nunha illa misteriosa neste clásico de terror de serie B.[1]
Foi emitido na TVG o 20 de febreiro de 2016.[2]
Betsy Connell, unha enfermeira canadense, é contratada polo señor Holllan, un terratenente dunha plantación azucreira na illa antillana de San Sebastián, para que coide a súa dona, Jessica. Unha vez aló, Betsy comproba que a enferma está nunha especie de estado catatónico; os habitantes do lugar din que é unha zombi.[3]
O produtor Val Lewton foi obrigado a empregar o título do filme polos executivos de RKO. Oficialmente, baseábase nun artigo escrito por Inez Wallace na American Weekly Magazine.[4] Lewton pediu aos guionistas que tomasen Jane Eyre, de Charlotte Brontë para dar á historia unha estrutura narrativa e investigasen sobre as prácticas do vodú[5][6]
Anna Lee foi seleccionada inicialmente para o papel de Frances Dee, mais tivo que retirarse por ter outro compromiso.[7]
A pesar de que Eu andei cun zombi foi definido como "unha esaxeración aburrida e repugnante dun enfermizo e anormal concepto da vida"[8] por The New York Times en 1943,[9] os críticos despois chamárona "intelixente" (William K. Everson),[10] "excepcional" (Leonard Maltin)[11] e "o máis elegante" dos filmes de terror de Lewton na RKO (Tom Milne).[12]
En 2007, Stylus Magazine considerouno o quinto mellor filme de zombis da historia.[13]
According to a 21 Oct 1942 HR news item, Anna Lee was initially slated to play 'Betsy,' but was forced to withdraw because of a previous commitment.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eu andei cun zombi ![]() |