Euchloe crameri

Euchloe crameri
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Pieridae
Subfamilia: Pierinae
Tribo: Anthocharini
Xénero: Euchloe
Especie: E. crameri
Nome binomial
'Euchloe crameri'
(Butler, 1869)
subespecies

E. crameri mauretanica (Röber, 1907)

Euchloe crameri é unha especie de bolboreta, da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente por Butler en 1869. Durante moito tempo considerouse como subespecie de Euchloe ausonia (Hübner, 1804), aínda que desde 1990 considéranse especies diferentes.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ás anteriores e posteriores de cor branca nacarada no seu anverso, con ápice negro, moteado de branco. Reverso das anteriores moi similar, aínda que a mancha de ápice é verdosa; nas posteriores, predomina a cor verdosa, con manchas brancas. A femia é de maior tamaño, cunha cor máis verdosa, consecuencia da superposición de escamas negras e amarelas.

Período de voo

[editar | editar a fonte]

Bivoltina, reprodúcese dúas veces ao ano, coa primeira posta en febreiro, e a segunda entre abril e maio.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Amplamente distribuída, desde o noroeste de África, de 0-2400 metros, Península Ibérica, S e SE de Francia, N de Italia, Alpes Ligures até Boloña, a súa distribución solápase coa da E. simplona en E Pireneos e SE de Francia.. En España e Portugal dáse abundantemente na Península Ibérica, especialmente na zona Mediterránea. É unha especie moi adaptable e de carácter nómade, polo que pode atoparse en todo tipo de hábitats, mesmo en lugares moi elevados. En Serra Nevada observáronse mesmo por encima dos 2500 m de altitude, aínda que nestas poboacións só se produce unha reprodución anual, e a súa densidade é escasa. Os exemplares desta zona montañosa foron descritos por Ribbe, en 1905, como unha subespecie diferenciada, baixo o nome de Euchloe alhambra, aínda que se desestimou que existan diferenzas que xustifiquen tal presunción.

Gusta de zonas abertas, cálidas e secas, e en terras rurais, preferentemente cultivadas.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

A posta realízase sobre os brotes de diversas plantas, de forma individual, e a eirga apenas se alimenta das follas, efectuándose a fase de crisálida moi rapidamente. Non todas as crisálidas evolucionan a individuos adultos, pois parte das mesmas hibernan, permanecendo nese estado, en ocasións, até varios anos; por iso, a segunda xeración sempre é parcial.

Pon os seus ovos en xemas florais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel e outros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 190-191.