Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Eulogio Ramiro Martínez 11 de xuño de 1935 Asunción, Paraguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de setembro de 1984 (49 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1953 - 1965 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1955 | Campionato Suramericano de 1955 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eulogio Ramiro Martínez, nado en Asunción o 11 de marzo de 1935 e finado en Barcelona o 30 de setembro de 1984, foi un futbolista paraguaio, que xogaba como dianteiro. Cunha grande habilidade e instinto goleador, destacou no Club Libertad e no FC Barcelona, e foi internacional tanto coa selección paraguaia como coa española.
Comezou a súa carreira deportiva no Libertad, onde formou unha das mellores dianteiras da historia do club, xunto a Hermes González, Máximo Rolón e Rogelio Bedoya. Con ese equipo gañou o campionato paraguaio de 1955, no que marcou 10 goles. A superioridade daquel Libertad a nivel local tamén se trasladou ao plano internacional con vitorias contra equipos como o Partizan de Belgrado (4-3) e unha lembrada goleada por 5-1 sobre o River Plate, que contaba cun dos mellores equipos da súa historia, con xogadores como Santiago Vernazza, Amadeo Carrizo, Félix Lostau, Omar Sívori ou Walter Prado.
En 1956 fichou polo FC Barcelona, onde xogou durante as seguintes seis tempadas. Na primeira delas conseguiu 9 goles en liga, pero foi na Copa do Xeneralísimo onde explotou como goleador. No partido de volta dos oitavos de final marcoulle 7 goles ao Atlético de Madrid, nun partido que acabou 8-1. Na ida dos cuartos de final fíxolle 4 goles ao Real Madrid, mentres que nas semifinais marcou outros 4 contra a Real Sociedad. Rematou a Copa como campión e con 16 goles, o rexistro máis alto da historia do competición.
O 24 de setembro de 1957 marcou o primeiro gol da historia do Camp Nou.[1] Foi o máximo goleador do equipo nas campañas 1956/57, 1957/58 e 1959/60, conseguindo 177 goles en 227 partidos.[2] Gañou 6 títulos co club catalán: dúas ligas, dúas Copas do Xeneralísimo e dúas Copas de Feiras.
Deixou o Barcelona en 1962, e posteriormente xogou dúas tempadas no Elche CF, unha no Atlético de Madrid e outra Europa, no que se retirou en 1965.
Formou parte das seleccións de Paraguai e España, xogando con elas 9 e 8 partidos respectivamente. Participou con Paraguai na Copa América de 1955 e con España no Mundial de Chile de 1962, disputando o primeiro partido fronte a Checoslovaquia.[3][4]
Trala súa retirada instalouse en Calella, onde rexentou un bar e colaborou como adestrador no fútbol base da localidade.[5] Sufriu problemas económicos e desgrazas familiares, entre eles a perda dunha filla.[6] O 8 de setembro de 1984 foi atropelado nunha autoestrada por un vehículo mentres cambiaba unha roda picada no seu. No accidente faleceu un amigo seu, mentres que Eulogio foi ingresado nun hospital durante semanas. Non puido superar as lesións e faleceu o 30 de setembro con só 49 anos.[5]