Eulogio Martínez

Modelo:BiografíaEulogio Martínez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eulogio Ramiro Martínez Editar o valor en Wikidata
11 de xuño de 1935 Editar o valor en Wikidata
Asunción, Paraguai Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
Atlántida Sport Club
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1956 Club Libertad
1956–1962   FC Barcelona 111(62)
1962–1964   Elche CF 39(7)
1964–1965   Atlético de Madrid 2(0)
1965–1966 Club Esportiu Europa 2(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1954–1955   Paraguai 9(4)
1956–1956   Cataluña 1(0)
1958–1958   España B 1(0)
1959–1962   España 8(6)
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
1955Campionato Suramericano de 1955 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 53725 Editar o valor en Wikidata

Eulogio Ramiro Martínez, nado en Asunción o 11 de marzo de 1935 e finado en Barcelona o 30 de setembro de 1984, foi un futbolista paraguaio, que xogaba como dianteiro. Cunha grande habilidade e instinto goleador, destacou no Club Libertad e no FC Barcelona, e foi internacional tanto coa selección paraguaia como coa española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios en Paraguai

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no Libertad, onde formou unha das mellores dianteiras da historia do club, xunto a Hermes González, Máximo Rolón e Rogelio Bedoya. Con ese equipo gañou o campionato paraguaio de 1955, no que marcou 10 goles. A superioridade daquel Libertad a nivel local tamén se trasladou ao plano internacional con vitorias contra equipos como o Partizan de Belgrado (4-3) e unha lembrada goleada por 5-1 sobre o River Plate, que contaba cun dos mellores equipos da súa historia, con xogadores como Santiago Vernazza, Amadeo Carrizo, Félix Lostau, Omar Sívori ou Walter Prado.

FC Barcelona

[editar | editar a fonte]

En 1956 fichou polo FC Barcelona, onde xogou durante as seguintes seis tempadas. Na primeira delas conseguiu 9 goles en liga, pero foi na Copa do Xeneralísimo onde explotou como goleador. No partido de volta dos oitavos de final marcoulle 7 goles ao Atlético de Madrid, nun partido que acabou 8-1. Na ida dos cuartos de final fíxolle 4 goles ao Real Madrid, mentres que nas semifinais marcou outros 4 contra a Real Sociedad. Rematou a Copa como campión e con 16 goles, o rexistro máis alto da historia do competición.

O 24 de setembro de 1957 marcou o primeiro gol da historia do Camp Nou.[1] Foi o máximo goleador do equipo nas campañas 1956/57, 1957/58 e 1959/60, conseguindo 177 goles en 227 partidos.[2] Gañou 6 títulos co club catalán: dúas ligas, dúas Copas do Xeneralísimo e dúas Copas de Feiras.

Outros equipos

[editar | editar a fonte]

Deixou o Barcelona en 1962, e posteriormente xogou dúas tempadas no Elche CF, unha no Atlético de Madrid e outra Europa, no que se retirou en 1965.

Seleccións nacionais

[editar | editar a fonte]

Formou parte das seleccións de Paraguai e España, xogando con elas 9 e 8 partidos respectivamente. Participou con Paraguai na Copa América de 1955 e con España no Mundial de Chile de 1962, disputando o primeiro partido fronte a Checoslovaquia.[3][4]

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada instalouse en Calella, onde rexentou un bar e colaborou como adestrador no fútbol base da localidade.[5] Sufriu problemas económicos e desgrazas familiares, entre eles a perda dunha filla.[6] O 8 de setembro de 1984 foi atropelado nunha autoestrada por un vehículo mentres cambiaba unha roda picada no seu. No accidente faleceu un amigo seu, mentres que Eulogio foi ingresado nun hospital durante semanas. Non puido superar as lesións e faleceu o 30 de setembro con só 49 anos.[5]

  1. Bosch, Xavier (21 de noviembre de 2018). "El Barça busca un 9 (Elogio de Eulogio)" (PDF). Barcelona: 8. Consultado o 21 de noviembre de 2018. 
  2. "Eulogio Martínez". fcbarcelona.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  3. "Copa América 1955". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  4. "Checoslovaquia 1-0 España 1962". FIFA (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Eulogio Martínez ha muerto" (PDF). Barcelona. 1 de octubre de 1984: 10. Consultado o 22 de octubre de 2016. 
  6. Corcuera, José Ignacio (1 de xaneiro de 2013). "Eulogio Martínez: una estrella con mal fario". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (39). Consultado o 22 de febreiro de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]