Euskotren Trena (antes coñecida como EuskoTren) é unha das dúas marcas comerciais baixo as que opera a sociedade pública Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A., pertencente ao Goberno Vasco a partir da transferencia ao mesmo polo Estado Español dos tramos que pertenceron a Feve en territorio vasco. Euskotren Trena opera os servizos ferroviarios, mentres que Euskotren Tranbia é a encargada da explotación dos servizos de tranvía; Euskotren Autobusa explota varias liñas de autobús interurbano en Biscaia (baixo a marca Bizkaibus) e en Guipúscoa (baixo a marca Lurraldebus); e Euskotren Kargo encárgase do transporte de mercancías por ferrocarril.
Esta empresa foi a propietaria da antiga liña ferroviaria Bilbao-Plentzia, antes explotada por FTS (Ferrocarriles e Transportes Suburbanos de Bilbao), parte da actual Liña 1 do Metro de Bilbao dende 1995. Euskotren Trena explota tamén varias liñas de autobuses e o funicular da Reineta en Valle de Trápaga (Biscaia).
Dende o 2006, Euskotren Trena é a marca operadora do administrador ferroviario da rede de infraestruturas dos ferrocarrís vascos, un ente público de dereito privado Euskal Trenbide Sarea - Red Ferroviaria Vasca, segundo a Lei do Parlamento Vasco 6/2004, do 21 de maio de 2006. É situación parella a de Renfe Operadora respecto de Adif.
EuskoTren ocupa varias liñas ferroviarias nos territorios de Biscaia e Guipúscoa, así como en Francia. Nas liñas xa estabelecidas, realiza servizos de proximidades nas zonas onde non opera Proximidades Renfe, servizos rexionais entre Bilbao e Donostia, e servizos de Ponte entre Irún e Hendaia, mentres que na Liña 3 do metro de Bilbao, ofrecerá un servizo de ferrocarril metropolitano.
Atxuri (Bilbao) - Ermua | Durangaldea | |
Ermua - Amara (Donostia) | Kostaldea | |
Ermua - Éibar - Azitain | Tranbia Éibar-Ermua | |
Lasarte Oria - Hendaia | Topo | |
Atxuri (Bilbao) - Bermeo | Urdaibai | |
Deustu (Bilbao) - Lezama | Txorierri | |
Escontrilla - La Reineta | Funicular | |
Lasao - Azpeitia | Tren Vapor | |
San Antonio - Matiko | Liña 3 do Metro de Bilbao (Proxectado para 2012) |
Os autobuses interurbanos de Euskotren atópanse integrados no servizo de Bizkaibus, dependente da Deputación Foral de Biscaia. Na seguinte lista inclúense as liñas coa numeración de Bizkaibus.
Os autobuses interurbanos de Euskotren atópanse integrados no servizo de Lurraldebus, dependente da Deputación Foral de Guipúscoa. A única excepción é o servizo municipal de Éibar "Udalbus", que conecta os barrios de Azitain e Amaña e que non está integrado en Lurraldebus.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Euskotren Trena |