O factor inhibidor da leucemia ou LIF (polas súas siglas en inglés de leukemia inhibitory factor) é unha citocina da clase da interleucina 6 que afecta ao crecemento celular ao inhibir a diferenciación. Cando os niveis de LIF caen, as células diferéncianse. En humanos está codificado no xeneLIF do cromosoma 22.
O nome de factor inhibidor da leucemia deriva da súa capacidade de inducir a diferenciación terminal das células leucémicas mieloides, o que impide que sigan crecendo. Outras propiedades atribuídas a esta citocina son: promoción do crecemento e diferenciación celulares de diferentes tipos de células diana, influencia no metabolismoóseo, caquexia, desenvolvemento neural, embrioxénese e inflamación. O LIF regulado por p53 facilita a implantación no modelo de ratos e posiblemente en humanos.[1] Suxeriuse que o LIF humano recombinante podería axudar a mellorar a taxa de implantación en mulleres con infertilidade inexplicada.[2]
O LIF únese a un receptor específico para LIF (LIFR-α), que forma un heterodímero cunha subunidade específica común a todos os membros desa familia de receptores, chamada subunidade transdutora de sinais GP130. Isto causa a activación dos cadoiros de JAK/STAT (quinase Janus/transdutor de sinais e activador da transcrición) e de MAPK (proteína quinase activada por mitoxeno).[3]
O LIF exprésase normalmente nas glándulas uterinas e no trofoectodermo do embrión en desenvolvemento, e o seu receptor LIFR exprésase na masa celular interna (embrioblasto). O LIF recombinante orixinado en plantas prodúcese pola compañía InVitria.[4][5][6]
O LIF adoita engadirse a medios de cultivo de células nais como alternativa ao cultivo con células alimentadoras, debido á limitación que presentan as células alimentadoras ao producir LIF só na súa superficie. As células alimentadoras que carecen do xene LIF non serven de sostén para as células nais.[7] O LIF promove a autorrenovación ao recrutar o transdutor de sinais e activador da transcrición 3 (Stat3). Stat3 é recrutado no receptor de LIF activado e fosforilado pola quinase Janus. Sinalouse que o LIF e Stat3 non son suficientes para inhibir a diferenciación de células nais, xa que as células se diferencian despois da retirada do soro. Durante a fase de reversibilidade da diferenciación a partir de pluripotencia virxe, é posible reverter as células que adquiren de novo a pluripotencia virxe por medio da adición de LIF.[8]
A eliminación do LIF empurra as células nais á diferenciación, aínda que a manipulación xenética de células nais embrionais permite un crecemento independente de LIF, coa sobreexpresión do xene Nanog.
O LIF engádese habitualmente ao medio de cultivo de células nais para reducir a diferenciación espontánea.[9][10]
↑Nichols, J., Davidson, D., Taga, T., Yoshida, K., Chambers, I., & Smith, A. (1996). Complementary tissue-specific expression of LIF and LIF-receptor mRNAs in early mouse embryogenesis. Mechanisms of development, 57(2), 123–131. https://doi.org/10.1016/0925-4773(96)00531-xPMID8843390
↑Fry R. C. (1992). The effect of leukaemia inhibitory factor (LIF) on embryogenesis. Reproduction, fertility, and development, 4(4), 449–458. https://doi.org/10.1071/rd9920449PMID1461995
↑Stewart CL, Kaspar P, Brunet LJ, Bhatt H, Gadi I, Köntgen F, Abbondanzo SJ (setembro de 1992). "Blastocyst implantation depends on maternal expression of leukaemia inhibitory factor". Nature359 (6390): 76–9. Bibcode:1992Natur.359...76S. PMID1522892. doi:10.1038/359076a0.
Králícková M, Síma P, Rokyta Z (2005). "Role of the leukemia-inhibitory factor gene mutations in infertile women: the embryo-endometrial cytokine cross talk during implantation--a delicate homeostatic equilibrium". Folia Microbiologica50 (3): 179–86. PMID16295654. doi:10.1007/BF02931563.
Stahl J, Gearing DP, Willson TA, Brown MA, King JA, Gough NM (maio de 1990). "Structural organization of the genes for murine and human leukemia inhibitory factor. Evolutionary conservation of coding and non-coding regions". The Journal of Biological Chemistry265 (15): 8833–41. PMID1692837. doi:10.1016/S0021-9258(19)38963-X.
Lowe DG, Nunes W, Bombara M, McCabe S, Ranges GE, Henzel W, Tomida M, Yamamoto-Yamaguchi Y, Hozumi M, Goeddel DV (xuño de 1989). "Genomic cloning and heterologous expression of human differentiation-stimulating factor". DNA8 (5): 351–9. PMID2475312. doi:10.1089/dna.1.1989.8.351.
Sutherland GR, Baker E, Hyland VJ, Callen DF, Stahl J, Gough NM (xaneiro de 1989). "The gene for human leukemia inhibitory factor (LIF) maps to 22q12". Leukemia3 (1): 9–13. PMID2491897.
Mori M, Yamaguchi K, Abe K (maio de 1989). "Purification of a lipoprotein lipase-inhibiting protein produced by a melanoma cell line associated with cancer cachexia". Biochemical and Biophysical Research Communications160 (3): 1085–92. PMID2730639. doi:10.1016/S0006-291X(89)80114-7.
Williams RL, Hilton DJ, Pease S, Willson TA, Stewart CL, Gearing DP, Wagner EF, Metcalf D, Nicola NA, Gough NM (decembro de 1988). "Myeloid leukaemia inhibitory factor maintains the developmental potential of embryonic stem cells". Nature336 (6200): 684–7. Bibcode:1988Natur.336..684W. PMID3143916. doi:10.1038/336684a0.
Moreau JF, Donaldson DD, Bennett F, Witek-Giannotti J, Clark SC, Wong GG (decembro de 1988). "Leukaemia inhibitory factor is identical to the myeloid growth factor human interleukin for DA cells". Nature336 (6200): 690–2. Bibcode:1988Natur.336..690M. PMID3143918. doi:10.1038/336690a0.
Yamaguchi M, Miki N, Ono M, Ohtsuka C, Demura H, Kurachi H, Inoue M, Endo H, Taga T, Kishimoto T (marzo de 1995). "Inhibition of growth hormone-releasing factor production in mouse placenta by cytokines using gp130 as a signal transducer". Endocrinology136 (3): 1072–8. PMID7867561. doi:10.1210/endo.136.3.7867561.
Schmelzer CH, Harris RJ, Butler D, Yedinak CM, Wagner KL, Burton LE (maio de 1993). "Glycosylation pattern and disulfide assignments of recombinant human differentiation-stimulating factor". Archives of Biochemistry and Biophysics302 (2): 484–9. PMID8489250. doi:10.1006/abbi.1993.1243.
Aikawa J, Ikeda-Naiki S, Ohgane J, Min KS, Imamura T, Sasai K, Shiota K, Ogawa T (setembro de 1997). "Molecular cloning of rat leukemia inhibitory factor receptor alpha-chain gene and its expression during pregnancy". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Gene Structure and Expression1353 (3): 266–76. PMID9349722. doi:10.1016/s0167-4781(97)00079-1.
Hinds MG, Maurer T, Zhang JG, Nicola NA, Norton RS (maio de 1998). "Solution structure of leukemia inhibitory factor". The Journal of Biological Chemistry273 (22): 13738–45. PMID9593715. doi:10.1074/jbc.273.22.13738.
Sanger Centre, The; Washington University Genome Sequencing Cente, The (novembro de 1998). "Toward a complete human genome sequence". Genome Research8 (11): 1097–108. PMID9847074. doi:10.1101/gr.8.11.1097.
Tanaka M, Hara T, Copeland NG, Gilbert DJ, Jenkins NA, Miyajima A (febreiro de 1999). "Reconstitution of the functional mouse oncostatin M (OSM) receptor: molecular cloning of the mouse OSM receptor beta subunit". Blood93 (3): 804–15. PMID9920829. doi:10.1182/blood.V93.3.804.
Nakashima K, Yanagisawa M, Arakawa H, Kimura N, Hisatsune T, Kawabata M, Miyazono K, Taga T (abril del 1999). "Synergistic signaling in fetal brain by STAT3-Smad1 complex bridged by p300". Science284 (5413): 479–82. Bibcode:1999Sci...284..479N. PMID10205054. doi:10.1126/science.284.5413.479.
Dunham I, Shimizu N, Roe BA, Chissoe S, Hunt AR, Collins JE, Bruskiewich R, Beare DM, Clamp M, Smink LJ, Ainscough R, Almeida JP, Babbage A, Bagguley C, Bailey J, Barlow K, Bates KN, Beasley O, Bird CP, Blakey S, Bridgeman AM, Buck D, Burgess J, Burrill WD, O'Brien KP (decembro de 1999). "The DNA sequence of human chromosome 22". Nature402 (6761): 489–95. Bibcode:1999Natur.402..489D. PMID10591208. doi:10.1038/990031.