Family Dog | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Brad Bird |
Desenvolvido por | |
Dirixido por | Chris Buck |
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Danny Elfman |
País de orixe | Estados Unidos Canadá |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 10 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | minutos |
Distribuidor | |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 23 de xuño de 1993 |
Derradeiro episodio | 28 de xullo de 1993 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Family Dog é unha serie de televisión animada estadounidense creada por Brad Bird que se emitiu orixinalmente dende o 23 de xuño até o 28 de xullo de 1993 a través de CBS. Conta a historia dunha familia suburbana, os Binsfords, a través dos ollos do seu can chamado Jonah.[1][2] A serie foi a primeira colaboración entre os produtores executivos Steven Spielberg e Tim Burton.
Atrasado durante anos e mal recibido pola crítica, este programa foi cualificado como "un dos maiores fiascos na historia da animación televisiva, tanto a nivel creativo como comercial, a pesar (e en moitos sentidos como consecuencia) do talento detrás do proxecto".[3] Un crítico observou que o principal problema coa serie era que "a familia Binford era tan repulsivamente egoísta que o interese da audiencia nas súas aventuras era nulo".[4]