Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Farmacia de guardia | |
---|---|
Formato | Comedia |
Dirixido por | Antonio Mercero |
Intérpretes | Concha Cuetos Carlos Larrañaga Miguel Ángel Garzón Julián González Emma Ozores África Gozalbes Maruchi León Eva Isanta Alicia Rozas Esperanza Grases María Luisa Ponte Luis Ciges María Garralón Cesáreo Estebánez Álvaro de Luna Amparo Valle Amparo Moreno Miguel Ángel Valcárcel David Zarzo María Adánez Caco Senante Ángel Pardo |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Castelán |
Episodios | 169 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Andrés Gandara Juan López Olivar |
Duración | 25-30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 19 de setembro de 1991 |
Derradeiro episodio | 28 de decembro de 1995 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Farmacia de guardia é unha serie emitida en España entre 1991 e 1995, ambientada no día a día dunha farmacia. Estaba protagonizada por Concha Cuetos, que interpretaba a Lourdes Cano, unha farmacéutica separada, e Carlos Larrañaga, Adolfo Segura, o exmarido desta. Os seus dous fillos, Guiller e Kike estaban interpretados por Julián González e Miguel Ángel Garzón respectivamente.
A serie actualmente ostenta o título de ser a serie máis vista da historia de España cunha media do 48% de share. Foi a primeira de produción propia de Antena 3, que a emitía os xoves pola noite, e estaba dirixida por Antonio Mercero. Logo foi emitida tamén en FDF e Castilla la Mancha Televisión.
O 28 de decembro de 1995 emitiuse o derradeiro episodio, de 50 minutos de duración, que causou unha grande expectación e acadou o 62.8% de cota de pantalla con 11 527 000 espectadores de media, e cun pico de audiencia de 13 850 000 espectadores no minuto en que Lourdes e Adolfo casaban nun soño de Fanny (filla adoptiva de Lourdes). Farmacia de guardia convertíase así no programa máis visto da televisión en España e na serie máis vista desde a chegada das privadas en 1990 ata a final de Operación Triunfo 2002.
O día 4 de xaneiro de 2006 como homenaxe á serie cando se cumpría unha década desde o final das súas emisións, Antena 3 programou de madrugada un especial que incluía a reposición do episodio 169 e último, e que, a pesar do horario, conseguiu impoñerse ós seus competidores e acadar 1 359 000 espectadores e un 25.6% de cota de pantalla.
O eixo principal da serie é a farmacéutica Lourdes Cano, arredor da cal xiran o resto dos personaxes. Ten dous fillos adolescentes: Guiller e Quique; e un exmarido afeccionado ó xogo e ás mulleres que sempre ten probelmas cos cartos, Adolfo Segura. Malia estar separados, segue habendo algo entre Adolfo Segura e Lourdes Cano, aínda que aparentemente son incapaces de non acabar discutindo sempre que están xuntos.
Ó longo das temporadas ambos aparecen con outras parellas (el máis ben relacións esporádicas, ela ten unha máis longa con Carlos) pero están en contacto diario case coma se seguisen sendo unha familia.
Todos estes personaxes practicamente fan a súa vida na "rebotica" da farmacia. Tamén cobraban grande protagonismo as dependentas que axudaban a Lourdes na farmacia: primeiro Pili (Maruchi León), máis tarde Reyes, á que tamén chamaban Queen (África Gozalbes) e finalmente Sandra (Emma Ozores), que estivera na serie desde o principio.
Á marxe destes protagonistas principais están:
Ademais, o propio director e creador da serie, Antonio Mercero, apareceu en varios episodios ó longo da serie. Tamén o fixeron algúns guionistas e membros do equipo técnico.