![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) François Broudic ![]() 1946 ![]() Buhulien, Francia (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade da Bretaña Occidental - doutoramento (–1993) ![]() |
Director de tese | Jean Le Dû ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Jean-Yves Broudic ![]() |
Sitio web | langue-bretonne.org ![]() |
Fañch Broudig,[1] nado en Buhulien, Lannion en 1946, é un xornalista bretón e escritor en lingua bretoa a francesa. Dende 1964 a 2007, retransmitiu en bretón na estación de radio France 3 Bretagne, e desde 1971 foi documentalista no Centro de Investigación Bretoa e Céltica da Universidade de Brest. É presidente da fundación cultural Emgleo Breiz, o cal promove a lingua bretoa e o seu ensino.
De 1968 a 1970 foi secretario do Comité de Acción pola Lingua Bretoa, que organizou numerosas manifestacións reivindicativas, como a marcha de Plouay en Lorient de 1970. Ademais, a súa militancia política guiouno cara ao Partido Comunista Francés cos seus amics Yves Le Berre e Jean Le Dû, mestres de bretón na Universidade de Brest.
En 1975 foi nomeado responsable das novas de actualidade en bretón en Brest, e dende 1991 produtor delegado dos programas en bretón en France 3 Ouest. Tamén foi un dos fundadores e actual presidente de Emgleo Breiz, na que se responsabilizou das edicións en bretón, tamén se encargou da revista literaria Brud Nevez e das revistas pedagóxicas en bretón Ar Skol vrezoneg e Ar Helenner. Os seus escritos son estudos sobre a historia e a evolución do bretón.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |