Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1899 |
Na rede | |
https://zionist.org.uk | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda, tamén chamada Federación Sionista británica, é unha organización marco para o movemento sionista no Reino Unido.
Actualmente representa a máis de 30 organizacións e 50.000 afiliados.[1][2]
A organización foi establecida no ano 1899 para promover unha patria para as persoas xudías.
En 1917, o Ministro de Asuntos Exteriores británico Arthur Balfour remitiu a coñecida como Declaración Balfour ao líder da comunidade xudía do Reino Unido Walter Rothschild para que fose transmitida á Federación Sionista.[3]
No 1920, a Federación Sionista fundou a Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO, polas súas siglas en inglés). A Federación tamén fundou various movementos sionistas xuvenís.
A organización descríbese coma "a principal organización de base e de defensa de Israel do Reino Unido." [4]
Entre as súas finalidades e obxectivos están:[5]
As actividades inclúen a formación, as campañas, a interacción cos medios, facer lobby, loitar contra o movemento BDS e traballar con estudantes e eventos culturais.[6]
A Federación Sionista británica é unha organización marco que abarca a meirande parte das organizacións sionistas do Reino Unido.
A 2023 o director é Rabbi Lea Mühlstein.