Fernando[1] é un nome propio masculino galego. De orixe xermana, provén do godo, Firthunands, Firthu quere dicir "paz", que en alemán é Friede e nands, que significa audaz. Unha tradución sería "O que se atreve a todo con tal de conservar a paz". O nome é moi común en países onde se estabeleceron os visigodos. En galego tamén ten a forma curta Fernán, usada na Idade Media cando ía acompañada do patronímico ou do alcume (como Fernán Pérez de Traba) e os hipocorísticos Nando, Nano e Fer.[1]
En xaneiro de 2023 existían 12.222 varóns en Galicia co nome Fernando, cunha media de idade de 53,1 anos.[2]