Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 ![]() Valencia, España ![]() |
Morte | 17 de maio de 2017 ![]() Caracas, Venezuela ![]() |
Educación | Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo ![]() |
Premios | |
Fernando Cervigón, nado en Valencia, España, é un oceanógrafo e ictiólogo hispano-venezolano.
Realizou os seus estudos de licenciatura e doutoramento en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Barcelona. Foi director científico da Estación de Investigaciones Marinas de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da "Fundación La Salle" (1961-1970). Posteriormente exerceu como profesor–investigador na Universidade de Oriente (1970-1980), onde ocupou o cargo de director do Instituto Oceanográfico de Cumaná (1973-74), e do Centro de Investigaciones Científicas do Núcleo de Nueva Esparta, até 1980, xubilándose como Profesor Titular en 1990.
Foi comisionado pola oficina rexional da UNESCO para ditar cursos e conferencias en varios países de Iberoamérica, e Consultor da FAO en 1977-78 e 1991. En 1983 creou a Fundación Museo del Mar da Illa de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da que é presidente vitalicio, inaugurándose o Museo Marino de dita fundación en 1994.[1]
Ao longo dos máis de 50 anos de vida científica descubriu e describiu numerosas especies de peixes, entre elas o peixe porco do Caribe[2] e é autor de numerosas obras sobre os peixes e o medio ambiente oceánico de Venezuela.
Entre as súas obras científicas é de destacar Los peces marinos de Venezuela, publicada en cinco volumes entre os anos 1991 e 2000.[3]
Moi compenetrado coa cultura e o sentir margariteños, ademais dos seus traballos científicos publicou numerosas obras relacionadas con aspectos da natureza e a idiosincrasia humana dos insulares, interesándose tamén pola historia rexional e a súa proxección nacional dn Venezuela. Entre estes temas merecen destacarse:
É fillo adoptivo dos Municipios Península de Macanao e Tubores, do Estado Nueva Esparta, e foi declarado fillo ilustre do mesmo estado pola Asemblea Rexional en 2003.
A abreviatura Cervigón utiliízase para referirse a Fernando Cervigón como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.