Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1965 Estoril, Portugal |
Morte | 8 de novembro de 2024 (58 anos) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, montador |
Fernado Fragata, nado en Estoril o 2 de decembro de 1969 e finado o 8 de novembro de 2024, foi un director e guionista portugués.
Como operador de cámara iniciouse en publicidade, videoclips e filmes de Joaquim Leitão, Ana Luisa Guimarães e Quirino Simões. Como director e argumentista comezou coa curta metraxe Amor & Alquimia (1995), que foi exhibida tanto en Europa como en Suramérica, recibindo o premio de mellor dirección no festival internacional de cinema da Baía, no Brasil, así como o premio do público no Festival de Sevilla, en España. Despois virían a longametraxe Pesadelo Cor-de-Rosa e o telefilme de acción Pulsação Zero.
En 2004 escribiu e dirixiu Sorte Nula, un filme con repercusión en Portugal[Cómpre referencia]. O seu máis recente filme chámase Contraluz/Backlight. Foi rodado integramente nos Estados Unidos, con actores portugueses e americanos.