Fernando de Santiago

Modelo:BiografíaFernando de Santiago

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Fernando de Santiago y Díaz de Mendívil Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
72º Presidente do Goberno de España
2 de xullo de 1976 – 5 de xullo de 1976
← Carlos Arias NavarroAdolfo Suárez →
Procurador en Cortes
23 de decembro de 1975 – 12 de novembro de 1976
← José García Hernández, Laureano López RodóManuel Gutiérrez Mellado →
Vicepresidencia do Goberno de España
13 de decembro de 1975 – 23 de setembro de 1976
Capitán Xeneral das Illas Baleares
1 de xuño de 1974 – 30 de agosto de 1974
← Juan Herrera López (en) TraducirEmilio de la Cierva Miranda →
Governor General of the Sahara Province (en) Traducir
4 de marzo de 1971 – 6 de xuño de 1974
← José María Pérez de Lema (en) TraducirEmilio de la Cierva Miranda → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia Xeral Militar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militartenente xeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1432861

Fernando de Santiago y Díaz de Mendívil, nado en Madrid o 23 de xullo de 1910 e finado, tamén en Madrid, o 6 de novembro de 1994, foi un militar español, destacado durante os últimos anos do franquismo que chegou a ser presidente interino do Goberno de España en xullo de 1976.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia General Militar de Zaragoza, cando Franco fora o seu director[2]. Durante a década de 1920 participou na Guerra do Rif e, posteriormente, loitou a prol do bando sublevado durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Até o seu ascenso a tenente xeneral prestou servizos en varios postos da milicia. Xa diplomado de Estado Maior, foi profesor e, máis tarde, director da Escola Superior do Exército.

Tumba do xeneral de Santiago no Cemiterio de Santo Xusto de Madrid.

O 4 de marzo de 1971 sucedeu ao xeneral José María Pérez de Lema como gobernador xeral do Sáhara Español. Alí, o seu primeiro traballo foi restaurar a confianza da poboación nativa no réxime colonial español, un ano despois do levantamento de Zemla (17 de xuño de 1970). Máis tarde conseguiu para o goberno saharauí unha maior autonomía interna, manifestada nunha carta do xeneral Franco (20 de febreiro de 1973) na que este prometía converter en lexislativa unha institución até entón soamente consultiva como a Yemaá. O propio xeneral de Santiago transmitiu esta misión ao presidente da asemblea, Khatri Ould Said Ould Joumanien, pero non foi até despois da súa substitución polo xeneral Federico Gómez de Salazar y Nieto (24 de abril de 1974) cando se publicou un estatuto político acerca da autonomía interna do Sáhara. Por entón, de Santiago pasara xa a ocupar un posto de importancia no Centro Superior de Estudos da Defensa (CESEDEN).

Na Transición, durante o primeiro goberno da Monarquía (12 de decembro de 1975) o, daquela, presidente do goberno Carlos Arias Navarro non tardou en nomealo vicepresidente para Asuntos da Defensa e ministro sen carteira.[3][4] Asumiu interinamente a presidencia de goberno do 1 ao 3 de xullo de 1976 até a toma de posesión de Adolfo Suárez, sucesor de Arias e foi ratificado no seu cargo de vicepresidente da Defensa (1976).

O 8 de setembro de 1976 Adolfo Suárez expuña o seu proxecto de reforma política ante un grupo de oficiais de alta gradación entre os que se atopaba o xeneral de Santiago. Este criticou duramente a actitude do goberno, favorable á legalización das organizacións sindicais e apareceu como cabeza do denominado búnker;[5] é dicir, aqueles que eran inmobilistas e estaban en contra das reformas. Pouco despois, o 22 de setembro, presentou a súa dimisión[6], aínda que autores como Morán aseguran que foi cesado: o substituto foi o xefe do Estado Maior Central, Manuel Gutiérrez Mellado.[7]

Uns días antes do golpe de estado, o 8 de febreiro de 1981, o Tenente Xeneral Fernando de Santiago publicou no diario El Alcázar un artigo titulado "Situación crítica", que resultou moi polémico, onde con motivo dos apupos proferidos catro días antes aos Rei de España polos deputados de Herri Batasuna na Casa de Xuntas de Guernica e dos numerosos asasinatos que viña perpetrando a banda terrorista ETA, cuestionaba a representatividade dos partidos políticos neses momentos.[8] Tralo Golpe de estado do 23-F, en 1981, o Tenente Xeneral Manuel Gutiérrez Mellado apuntouno como o Elefante Branco,[9] aínda que el negou esa hipótese.[10] Quen investigaron aquela asonada, supoñen que o Elefante nunca existiu ou foi o xeneral Armada ou unha alusión xenérica ás Forzas Armadas.

En xuño de 1983, foi arrestado durante unha semana por pedir, mediante un artigo periodístico no diario El Alcázar, a liberación dos arrestados no golpe do 23-F.[11]

Condecoracións

[editar | editar a fonte]

Franco lle concedeu o ingreso na Orde de África coa categoría de Grande Oficial[12], e o 22 de setembro de 1976 recibiu a Gran Cruz da Orde de Cisneros.[13]

Predecesor:
Carlos Arias Navarro

Presidente do Goberno de España interino

1 de xullo de 1976 - 3 de xullo de 1976
Sucesor:
Adolfo Suárez
  1. Hillers de Luque, Sigfredo (2014). España: Régimen jurídico-político de Franco (1936-1975) versus Régimen político actual de Juan Carlos I/Felipe VI (partitocracia coronada) (libro electrónico) (en castelán) (4ª ed.). Bloomington: Palibrio. ISBN 978-1-4633-7011-4. 
  2. López Mora, Fernando. "Santiago y Díaz de Mendívil, Fernando de" (PDF). Helvia: Repositorio Institucional de la Universidad de Córdoba. pp. 100–101. Consultado o 03-06-2018. 
  3. Clemente (1994), p. 63
  4. Díaz Arenas, Angel (1995). Introducción a la lectura de la obra narrativa de Manuel Vázquez Montalbán. Col. Problemata Literaria nº 24 (en castelán). Kassel: Edition Reichenberger. p. 286. ISBN 3-930700-25-5. 
  5. Clemente (1994), p. 64
  6. Clemente (1994), p. 66
  7. Morán, Gregorio (2011). Adolfo Suárez: Ambición y destino. Barcelona: Debate. Penguin Random House Grupo Editorial España. ISBN 9788499920283. 
  8. http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/el-general-de-santiago-publica-una-proclama-que-espana-esta-en-situacion-limite-en-el-periodico-el-alcazar/
  9. "Jose Gabieras: "Armada dijo al Rey que el Ejército apoyaba a Milans" Diario El Mundo 22-Feb-2001" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2010. Consultado o 03 de xuño de 2018. 
  10. Barbería, José Luis; Prieto, Joaquín (18-02-1991). "De Santiago: "Si yo hubiera sido el 'elefante blanco', el golpe habría triunfado"". elapis.es. Consultado o 03-06-2018. 
  11. "Arrestados el teniente general De Santiago y el capitan Dusmet". elpais.es. 10-06-1983. Consultado o 03-06-2018. 
  12. "Decreto 704/1972, de 1 de abril, por el que se concede el ingreso en la Orden de África, con la categoría de Gran Oficial, a don Fernando de Santiago y Díaz de Mendívil." (PDF). boe.es. Consultado o 03-06-2018. 
  13. "Real Decreto 2219/1976, de 22 de septiembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III a don Fernando Santiago y Díaz de Mendivil." (PDF). boe.es. Consultado o 03-06-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Enciclopedia "Gran Espasa Universal"
  • "Gran Enciclopedia de España-Valatenea S.L.
  • Clemente, Josep Carles (1994). Historias de la transición: el fin del apagón, 1973-1981. Col. Ciencia nº 3. Madrid: Fundamentos. ISBN 84-245-0664-2. 
  • Morán, Gregorio (2011). Adolfo Suárez: Ambición y destino. Barcelona: Debate. Penguin Random House Grupo Editorial España. ISBN 9788499920283. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]