Festival Internacional de Cinema de Tesalónica | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1960 |
Sede | Tesalónica |
País | Grecia |
40°38′25″N 22°56′08″L / 40.6403, 22.9356 | |
Na rede | |
http://www.filmfestival.gr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival Internacional de Cinema de Tesalónica (en grego: Διεθνές Φεστιβάλ Κινηματογράφου Θεσσαλονίκης) é un festival de cinema que se celebra anualmente na cidade grega de Tesalónica. O festival é unha competición internacional con numerosos premios cada ano, sendo o máis destacado o "Alexandre de Ouro" para o mellor filme.
O primeiro período do Festival de Cinema de Tesalónica comeza en 1960 e remata en 1991. Durante este período o festival amosou exclusivamente filmes gregos. As primeiras edicións do festival celebráronse baixo a modesta "Semana do Cinema Grego". Dende 1965 até 1991 o festival foi nomeado "Festival de Cinema Grego".[1][2] Durante eses anos, o festival pasou a través de diferentes fases. Os primeiros anos, o festival foi un importante evento social coa aparición de celebridades locais. Durante a xunta militar grega (1967-1974) produciuse unha época de censura. Durante a Metapolitefsi a nova xeración de directores gregos dominaron os galardóns, mais ó mesmo tempo o festival fíxose cada vez máis politizado con dous grupos opostos. A tensión entre os dous grupos acadou o seu pico en 1977, cando o festival quedou dividido en dous. A división durou só un ano. Durante a década de 1980, a importancia do festival declinou até 1992, cando evolunionou nun importante festival internacional de cinema.[3][4]