O festival de Paredes de Coura é un festival de música de verán que ten lugar anualmente no mes de agosto na praia fluvial do Tabuão en Paredes de Coura, Portugal.
O festival de Paredes de Coura comezou en 1993. Dende ese ano non parou de medrar en actuacións e asistencia, sendo considerado un dos maiores festivais de verán de Portugal e o maior do Norte, xunto co festival de Vilar de Mouros.
En 2005, a edición española da revista Rolling Stone clasificouno coma un dos cinco mellores festivais de verán de Europa.
A edición deste ano tivo lugar entre os días 17 e 20 de agosto. O día 17 só se realizaron concertos no escenario "After Hours", iniciándose as actuación no resto dos palcos o día 18.