Fiat 4 HP | |
---|---|
![]() | |
Marca | Fiat ![]() |
Fabricante | Fiat |
País | ![]() |
Outros nomes | Fiat 3½ HP |
Período | ╴1900 |
Deseño | Aristide Faccioli[1] |
Produción | 24 ![]() |
Montaxe | Corso Dante, Turín, Italia |
Tren motriz | |
Motor | 2 en liña 679 c.c.[2] |
Velocidade máxima | 35 km/h ![]() |
Dimensións | |
Distancia eixes | 1470 mm |
Lonxitude | 2300 mm |
Anchura | 1420 mm |
Altura | 1450 mm |
Peso | 680 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Fiat 4 HP, ou 3 ½ HP, foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.
O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.
Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[3] O 3 ½ tiña unha carrozaría de Marcello Alessio de Turín.[4] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[4][5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiat 4 HP ![]() |