Filipe[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego Philippos, de philo "amor" e hippos "cabalo" significando "amante dos cabalos". En galego tamén ten os hipocorísticos Chelipe e Filucho.[2]
En xaneiro de 2023 existían 43 varóns en Galicia co nome Filipe, cunha media de idade de 35,4 anos.[3]
Filipe é o nome de varios personaxes históricos notables, comezando polo apóstolo Filipe:
- Filipe de Alemaña
- Filipe I de Castela, O Fermoso
- Filipe II de España, o Prudente
- Filipe III, o Piadoso
- Filipe IV de España, o Grande ou o Rei Planeta ("plaxio" de o Rei Sol, sobrenome de Lois XIV, rei de Francia)
- Filipe V de España, o Animoso
- Filipe VI de España, actual rei de España.
- Filipe de Francia (1116-1131), fillo de Lois VI de Francia
- Filipe de Francia (1640-1701), segundo fillo de Lois XIII de Francia e Navarra.
- Filipe I de Francia
- Filipe II de Francia
- Filipe III de Francia, o Atrevido
- Filipe IV de Francia, o Fermoso
- Filipe V de Francia, o Alto
- Filipe VI de Francia, o Afortunado
- Filipe I de Savoia
- Filipe II de Savoia