Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1657 Madrid |
Morte | 1 de novembro de 1661 (3 anos) Madrid |
Lugar de sepultura | Panteón de Infantes |
Príncipe de Asturias | |
1658 – 1661 ← Baltasar Carlos de España – Carlos II de España → | |
Ducado de Montblanc | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | príncipe herdeiro |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Príncipe de Xirona Príncipe de Viana |
Familia | Casa de Habsburgo |
Pais | Filipe IV de España e Mariana de Austria |
Irmáns | María Tareixa de Austria e Borbón, Margarida Tareixa de Austria, Carlos II de España, Xoán Xosé de Austria, Baltasar Carlos de España e Fernando Tomé de Austria |
Filipe Próspero de Austria, nado en Madrid o 28 de novembro de 1657 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1661, foi príncipe de Asturias. Terceiro fillo e primeiro varón do matrimonio formado por Filipe IV de España e Mariana de Austria. Separadamente de Margarida Teresa e Carlos, foi o único que superou os 2 anos de vida daquel matrimonio.
Nado como Felipe Próspero José Francisco Domingo Ignacio Antonio Buenaventura Diego Miguel Luís Alfonso Isidro Ramón Víctor de Austria, a súa vinda ao mundo foi recibida con gran alegría, xa que desde a morte do príncipe Baltasar Carlos en 1646 a Casa Real española carecía de herdeiros varóns. Filipe foi inmediatamente convertido en Príncipe de Asturias.
O príncipe Filipe Próspero foi retratado en 1659 por Velázquez. O cadro, que reflicte unha profunda tenrura cara ao pícaro pero que tamén constitúe un dramático reflexo da súa natureza enfermiza, atópase hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena.
O nacemento de Filipe Próspero foi moi celebrado, non só polo sexo do bebé, senón porque poñía fin a varias disputas dinásticas que afectarían aos matrimonios das súas irmás (como Filipe IV non tiña máis fillos varóns, os esposos das súas fillas probablemente disputáranse o trono trala morte do monarca). Así, en 1658, Filipe Próspero foi xurado como herdeiro do seu pai e Príncipe de Asturias. Porén, o príncipe non gozou de boa saúde e constantemente levaba un amuleto con el.[1][2]
En 1659 os primeiros ministros de Francia e España negociaron poñer fin ás hostilidades da Guerra Franco-Española por un período de dous anos. Agora que España tiña o seu herdeiro, podía garantir a paz co matrimonio da infanta María Tareixa co rei francés Lois XIV. O resultado das negociacións foi o Tratado dos Pireneos. que establecía a Francia como nova potencia mundial.
Filipe Próspero estivera enfermo durante bastante tempo antes da súa morte en novembro de 1661. Sufriu epilepsia e caía enfermo con moita frecuencia, probablemente debido ao seu defectuoso sistema inmunolóxico, provocado por varias xeracións de matrimonios entre familiares que levaban a cabo os membros da Casa de Austria. O rei chegou a adquirir as reliquias de Diego de Alcalá coa esperanza de que curaran ao príncipe.[3] O 1 de novembro de 1661, Filipe Próspero finaba en Madrid tras un severo ataque de epilepsia. Cinco días máis tarde nacía o infante Carlos, quen finalmente ascendería ao trono baixo o nome de Carlos II trala morte do seu pai. Filipe IV sentíase indirectamente responsable pola morte do seu fillo Filipe, tal e como expresou nunha carta a sor María acerca da morte do seu fillo. [4]
A longa enfermidade do meu fillo e a miña asistencia constante ao seu carón impedíronme dar resposta a vosa carta, nin a dor tampouco permitiu que así o fixera, ata hoxe. Confeso, sor María, que a miña dor é grande, como é natural tras perder unha xoia como esta. Pero en medio da miña dor, tratei de ofrecelo a Deus, e asumir a Súa divina vontade; crendo fervorosamente que El fará todo o que considere o mellor, que é o máis importante. Podo asegurarlle que o que máis me doe, máis aló da miña perda, é que sinto que enfurecín a Deus, e que este castigo foi enviado como pena para os meus pecados.[5]
Predecesor: Baltasar Carlos de Austria |
Príncipe de Asturias 1657–1661 |
Sucesor: Carlos de Austria |