Ecuador presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2000. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Ecuador para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
2000 (73ª) |
Sueños en la mitad del mundo | Carlos Naranjo Estrella | Non nomeado |
2004 (77ª) |
Crónicas | Sebastián Cordero | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Mejor no hablar de ciertas cosas[6] | Javier Andrade | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Silencio en la tierra de los sueños[7] | Tito Molina | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Sin muertos no hay carnaval[8] | Sebastián Cordero | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Alba | Ana Cristina Barragán | Non nomeado |
2018 (91ª) |
A Son of Man[9] | Jamaicanoproblem, Pablo Agüero | Non nomeado |
2019 (92ª) |
La mala noche[10] | Gabriela Calvache | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Vacío[11] | Paúl Venegas | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Sumergible[12] | Alfredo León León | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Lo invisible[13] | Javier Andrade | Non nomeado |