Mongolia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2003. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Ata o ano 2023, Mongolia presentou oito filmes para a súa consideración, aínda que ningún deles saíu nomeado. Porén, The Story of the Weeping Camel presentouse el mesmo na categoría do Óscar ó mellor documental o ano seguinte e saíu nomeado. As primeiras dúas propostas de Mongolia foron coproducións con Alemaña, dirixidos ou codirixidos por Byambasuren Davaa e foron rodados en lingua mongol.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Mongolia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
2003 (76ª) |
The Story of the Weeping Camel | Byambasuren Davaa e Luigi Falorni | Non nomeado |
2005 (78ª) |
The Cave of the Yellow Dog | Byambasuren Davaa | Non nomeado |
2009 (82ª) |
By the Will of Genghis Khan | Andrei Borissov | Descualificado |
2017 (90ª) |
The Children of Genghis[6] | Zolbayar Dorj | Non nomeado |
2019 (92ª) |
The Steed[7] | Erdenebileg Ganbold | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Die Adern der Welt[8] | Byambasuren Davaa | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Ergej irekhgüi namar | Amarsaikhan Baljinnyam | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Sèr sèr salkhi[9] | Lkhagvadulam Purev-Ochir | Non nomeado |