Fobos 2

Fobos 2
Representación artística da Fobos 2
TipoCientífico
Data de lanzamento12 de xullo de 1988[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-2[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Fobos e Marte.[2][3][4][5]
NSSDC ID1988-059A

Fobos 2 foi unha sonda espacial soviética lanzada cara Marte o 12 de xullo de 1988 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Fobos 2 foi unha sonda espacial soviética que, xunto coa súa case xemelga Fobos 1, foi enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Sucesoras das sondas Vega 1 e Vega 2 destinadas a estudar Venus, os obxectivos das sondas Fobos era estudar a contorna interplanetaria, o Sol, o plasma nas proximidades de Marte, estudar a superficie e atmosfera do planeta e estudar a composición superficial de Fobos. Ambas sondas contaron con colaboración internacional, con 14 países contribuíndo con experimentos ou infraestrutura.[1][2][4][5]

A sonda estaba composta por unha sección principal presurizada con forma de toro que contiña a electrónica da nave, rodeando un módulo cilíndrico coa instrumentación científica e, por debaixo do conxunto, catro tanques esféricos de hidracina para a propulsión e o control de actitude, formado por 28 propulsores: 24 cun impulso de 50 N e catro de 10 N. Ademais cada sonda levaba unha subsonda que tería que ser soltada na superficie de Fobos para estudiala, e Fobos 2 levaba un pequeno aterrizador que tería sido capaz de saltar entre varios puntos da lúa.[1][2][4][5]

A sonda entrou en órbita de Marte, recollendo datos científicos, pero na súa aproximación final cara Fobos perdeuse o contacto coa nave e nunca se chegou a recuperar. A investigación apuntou a un problema do ordenador de a bordo como causa do fallo da misión.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PHOBOS 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Phobos 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 October 1988 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-26476 (E)). 25 de outubro de 1988: 2. Consultado o 16 de abril de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Fobos 1, 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Fobos 1F" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]